South Sydney Rabbitohs
Nome completo - | South Sydney Rabbitohs |
Fundación - | 1908 |
Localización - | Sydney, Australia |
Estadio - | ANZ Stadium |
Capacidade - | 83.500 |
Presidente - | Shane Richardson |
Adestrador - | John Lang |
Capitán - | Roy Asotasi |
Liga - | National Rugby League |
Tempada - | 2011 |
Posición - | 10º |
O South Sydney Rabbitohs é un equipo profesional de rugby league da cidade de Sydney, en Nova Gales do Sur (Australia), fundado en 1908, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión 20 veces. Estes 20 campionatos fan dos Rabbitohs o equipo máis laureado do rugby league australiano.
Palmarés
[editar | editar a fonte]A pesar de acadar o título en 20 ocasións, a última vez que os Rabbitohs saíron campións foi no ano 1971. A finais dos anos 80 o equipo tivo boas participacións na NRL. En 1986 remataron 2º na liga regular, pero caeron en semifinais. En 1989 acadaron o 1º posto na liga regular, pero de novo caeron nos playoffs. Dende entón os Rabbitohs remataron só 3 veces entre os 10 primeiros. Os malos resultados deron nunha mala situación económica, que provocou que o equipo non disputase a liga en 2000 e 2001. A presión pública fixo que en 2002 os Rabbitohs foran readmitidos no campionato.
Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- National Rugby League (20) = 1908, 1909, 1914, 1918, 1925, 1926, 1927, 1928, 1929, 1931, 1932, 1950, 1951, 1953, 1954, 1955, 1967, 1968, 1970, 1971
Xogadores
[editar | editar a fonte]
Equipo actual
[editar | editar a fonte]South Sydney Rabbitohs | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
Adestrador Asistentes do adestrador
Data: 21 de xullo de 2011 |
A chegada de Russell Crowe e Peter Holmes en 2006 ós Rabbitohs como novos propietarios, ten provocado unha suba no número de abonados ó club e a chegada de figuras do rugby league ó equipo, como é o caso de Greg Inglis, Luke Burgess etc, facendo que o equipo sexa de novo competitivo.
Estadio
[editar | editar a fonte]Os Rabbitohs xogan os seus encontros como locais no ANZ Stadium, un recinto que foi inaugurado en 1996 e que acolleu as probas de atletismo nas Olimpiadas de Sydney do 2000. O estadio ten capacidade para acoller a 83.500 persoas, aínda que nos encontros da NRL esta capacidade redúcese a 40.000.
Outros equipos xogan como locais neste estadio, como o Canterbury Bulldogs da NRL e os Sydney Swans da AFL, xa que o recinto é da propiedade da empresa Stadium Australia Group, que o aluga.