Space Needle
Aparencia

Space Needle é unha torre futurista de 184 metros da cidade de Seattle, Estados Unidos. Converteuse no símbolo da cidade desde a súa construción para a Exposición Universal de 1962 que tiña por tema o século XXI. Deseñado por Edward E. Carlson, inspírase na Torre de Stuttgart, Alemaña.