Stadium Gal
Stadium Gal | ||||
---|---|---|---|---|
Fachada principal do Stadium Gal | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Bidasoaldea | |||
Concello | Irún ![]() | |||
Localización | Irún, Guipúscoa España ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1926 ![]() | |||
Inauguración | 19 de setembro de 1926 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 6.344 | |||
Tipo superficie | Céspede natural | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Real Unión Club | |||
Arquitecto/a | Carlos Agirretxe | |||
Ocupante | Real Unión ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Real Unión Club | |||
[ Wikidata ] |
O Stadium Gal é un estadio de fútbol situado na cidade de Irún, no País Vasco. Nel disputa os seus partidos como local o Real Unión Club. Está a 300 metros da localidade francesa de Hendaia e da fronteira do mesmo estado, xunto ao río Bidasoa. O estadio dispón dunha capacidade de 6.344 espectadores e de céspede natural.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi construído en 1926 nuns terreos doados por Salvador Echeandía Gal. Inaugurouse o 19 de setembro dese ano cun partido entre a Real Unión e o FC Barcelona. Naquela época o equipo irundarra era un dos máis importantes de España, conseguindo varios títulos de Copa.[1]
En 1950 construíuse un velódromo arredor do terreo de xogo que nese mesmo ano acolleu o final dunha etapa da Volta ciclista a España.[1]
En 1997 inaugurouse o novo Stadium Gal, situado no mesmo lugar que o campo vello.[1]
Neste estadio o Real Unión disputou todos os seus partidos como local en Primeira, Segunda, Segunda B e en Terceira e nel logrou a marca de ser o primeiro equipo de Segunda B en eliminar ao Real Madrid nunha eliminatoria (ida 3-2 e volta 4-3).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista da tribuna do Stadium Gal desde un dos fondos
-
Vista do Stadium Gal desde o fondo norte
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Nuestro estadio e instalaciones". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stadium Gal ![]() |