Starcastle
Starcastle | |
---|---|
Orixe | Champaign, Illinois, |
Período | 1969 - 1987 1997 - 2007 2018 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Epic Records |
Membros | George Harp Bruce Botts |
Antigos membros | Gary Strater Matt Stewart Steve Hagler Steve Tassler Herb Schildt Terry Luttrell Ralph Goldhiem Mauro Magellan Scott McKenzie Mark McGee |
Na rede | |
starcastlerocks.com | |
Starcastle é unha banda estadounidense de rock progresivo de Champaign, Illinois. Formado en 1969, o grupo realizou moitos concertos cos nomes Pegasus e Mad John Fever antes de pasar a chamarse finalmente Starcastle. Starcase asinou o seu primeiro contrato discográfico con Epic Records én 1974,[1] soando habitualmente na radio e tocando con frecuencia na área de St. Louis. A formación orixinal incluía ao antigo vocalista de REO Speedwagon Terry Luttrell e o autor/programador informático Herb Schildt, e a mediados dos 80 incluíu brevemente ao guitarrista Mark McGee, quen se uniu a Vicious Rumors. O grupo publicou catro álbums a través dos selos Epic[1] e CBS. O álbum de estrea da banda, Starcastle, vendeu ben e escoitouse nas radios de todo o mundo.[1]
Os seus posteriores álbums Fountains of Light, Citadel, e Real to Reel non venderon tan ben como o primeiro e foron criticados a miúdo por ter un son demasiado semellante ao de Yes.[1] Starcastle actuou como abreconcertos de artistas como Jethro Tull, Gentle Giant, Fleetwood Mac, Kansas, Boston, Rush, Journey, e outros. Tras varios cambios de formación a banda iniciou un hiato de 10 anos en 1987.
En 2002, Gary Strater, Steve Tassler e Steve Hagler publicaron álbums en solitario a través do propio selo da banda, Sunsinger. Isto levou a que traballasen no derradeiro álbum do grupo, Song of Times, antes da morte de Gary Strater o 19 de setembro de 2004 dun cancro de páncreas. Song of Times foi editado en 2007.[2]
En novembro de 2018 a páxina oficial do grupo anunciou o lanzamento de Alchemy, un lanzamiento de material de arquivo, tanto de estudio como ao vivo, da formación da década dos 80.[3] Ademais, a páxina anunciou unha nova formación composta por George Harp (voces) e Bruce Botts (guitarra), ámbolos dous da formación dos 8.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Starcastle | 1976 | Epic Records |
Fountains of Light | 1977 | Epic Records |
Citadel | 1977 | Epic Records |
Real to Reel | 1978 | Epic Records |
Chronos I | 2001 | Sunsinger Records |
Song of Times | 2007 | Progrock Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 The Guinness who's who of heavy metal (2nd ed ed.). Enfield: Guinness Publishing. 1995. p. 338. ISBN 0-85112-656-1. OCLC 60224771.
- ↑ "Review: "Starcastle: Song of Times" - Sea of Tranquility - The Web Destination for Progressive Music!". www.seaoftranquility.org. Consultado o 2022-12-10.
- ↑ "Alchemy – Starcastle" (en inglés). Consultado o 2022-12-10.