Steve Lukather
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1957 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Grant High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantautor, músico de jazz, mandolinista, cantautor, intérprete de banxo, produtor musical, cantante, Músico de sesión ![]() |
Período de actividade | 1975 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Pop rock e música rock ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Columbia Records Mascot Records (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Shawn Batten (2002–2010) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | stevelukather.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Steven Lee "Luke" Lukather, nado o 21 de outubro de 1957 nos Ánxeles[1] (California), é un guitarrista, cantante, compositor e produtor americano, coñecido polo seu traballo na banda americana Toto. Lukather gravou partes de guitarra para máis de 1500 álbums, para unha gran cantidade de artistas e xéneros diferentes. Contribuíu tamén en álbums como compositor ou produtor. Lukather editou seis álbums en solitario, e está a traballar no sétimo.
En 1976, cando Lukather tiña 19 anos, foi invitado polos seus compañeiros de instituto David Paich e os irmáns Porcaro, Steve e Jeff, a formar parte da súa banda, Toto. Foi membro da banda ata a súa separación no ano 2008, e segue involucrado nas xiras que fan periodicamente. Foi nomeado a doce Premios Grammy, e gañou cinco. Mentres que o seu traballo con Toto baseábase principalmente no pop rock e o seu traballo en solitario no rock progresivo e no hard rock, moitos dos traballos á parte de Lukather céntranse no jazz fusion. Colaborou durante moito tempo co guitarrista de jazz Larry Carlton, e foi membro da banda de jazz fusion Los Lobotomys.
Influenciado por guitarristas de blues rock coma Jimi Hendrix ou Jimmy Page, e outros de jazz fusion coma Al Di Meola e Frank Gambale, Lukather é coñecido polo seu estilo "melódico e intenso". É tamén recoñecido pola súa eficiencia no estudio, xa que pasou de usar moitos efectos de guitarra no estudio e usar o mínimo de efectos no proceso do son.
Discografía
[editar | editar a fonte]Solo
[editar | editar a fonte]- Lukather (1989)
- Candyman (1994)
- Luke (1997)
- No Substitutions: Live in Osaka (2001)
- Santamental (2003)
- Ever Changing Times (2008)
- All's Well That Ends Well (2010)
Toto
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Categoría:Álbums de Toto.
Los Lobotomys
[editar | editar a fonte]- Los Lobotomys (1999)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Steve Lukather Official Website - Artist". Steve Lukather Official Website (en inglés). Consultado o 2017-12-21.