Su Friedrich
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1954 (70 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Educación | Oberlin College |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, montador, director de fotografía |
Empregador | Universidade de Princeton |
Representante | Light Cone |
Premios | |
Descrito pola fonte | UbuWeb Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) The St. James women filmmakers encyclopedia |
Sitio web | sufriedrich.com… |
Su Friedrich, nada en New Haven (Connecticut) o 12 de decembro de 1954,[1] é unha directora de cinema de vangarda, produtora, guionista e directora de fotografía estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Su Friedrich naceu en 1954. A súa nai era alemá e chegou aos Estados Unidos co pai de Friedrich, que estaba a traballar en Alemaña como G.I. nesa época.[2] Friedrich estudou na Universidade de Chicago (1971–72) e no Oberlin College (1972–1975) onde recibiu unha licenciatura en arte e historia da arte. Vive e traballa en Brooklyn e é profesora do Center for the Creative and Performing Arts da Universidade de Princeton,[3] onde dá clases de cinema e produción de vídeo dende 1998.
Carreira
[editar | editar a fonte]Os filmes de Friedrich adoitan combinar elementos narrativos, documentais e experimentias e habitualmente céntrase nos papeis das mulleres, a familia e a homsexualidade nos Estados Unidos contemporáneos.[4] Dende o inicio da súa carreira a finais da década de 1970, Friedrich foi unha figura líder no cinema de vangarda e unha forza central no establecemento do Queer Cinema. A súa obra radicalizou a forma e o contido dos filmes incorporando unha perspectiva feminista e temas sobre a identidade lésbica e creando unha síntese salientable e innovadora dos xéneros experimental, narrativo e documental. Os filmes de Friedrich son multilingües, movéndose entre o persoal e o político, dende filmes autobiográficos sobre a familia á investigación dos conceptos da sociedade sobre a identidade sexual. A súa paleta cinematográfica inclúe filmes caseiros, material de arquivo, entrevistas e narracións guionizadas.
Friedrich recibiu o Cal Arts Alpert Award das artes[5] e bolsas da Rockefeller Foundation e da John Simon Guggenheim Memorial Foundation, así como do New York State Council on the Arts, a New York Foundation for the Arts, o Independent Television Service e a Jerome Foundation. Os seus filmes recibiron numerosos premios.[6]
A filmografía de Su Friedrich consérvase no Academy Film Archive.[7] O arquivo incluíu Cool Hands, Warm Heart en 2019.[8]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Lonxitude | Formato | Cor | Son |
---|---|---|---|---|---|
1978 | Hot Water | 12 min | super-8 | branco e negro | sonoro |
1979 | Cool Hands, Warm Heart | 16 min | 16mm | branco e negro | mudo |
1979 | Scar Tissue | 6 min | 16mm | branco e negro | mudo |
1980 | I Suggest Mine | 6 min | 16mm | branco e negro e cor | mudo |
1981 | Gently Down the Stream | 14 min | 16mm | branco e negro | mudo |
1982 | But No One | 9 min | 16mm | branco e negro | mudo |
1985 | The Ties That Bind | 55 min | 16mm | branco e negro | sonoro |
1987 | Damned If You Don't | 42 min | 16mm | branco e negro | sonoro |
1990 | Sink or Swim | 48 min | 16mm | branco e negro | sonoro |
1991 | First Comes Love | 22 min | 16mm | branco e negro | sonoro |
1993 | Rules of the Road | 31 min | 16mm | cor | sonoro |
1993 | Lesbian Avengers Eat Fire, Too | 60 min | vídeo | cor | sonoro |
1996 | Hide and Seek | 65 min | 16mm | branco e negro | sonoro |
1999 | Being Cecilia | 3 min | vídeo | cor | sonoro |
2002 | The Odds of Recovery | 65 min | 16mm | cor | sonoro |
2004 | The Head of a Pin | 21 min | vídeo | cor | sonoro |
2005 | Seeing Red | 27 min | vídeo | cor | sonoro |
2008 | From the Ground Up | 54 min | vídeo | cor | sonoro |
2013 | Gut Renovation | 81 min | vídeo | cor | sonoro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Summary of Su Friedrich, Su Friedrich website". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ Su Friedrich, interview, in Scott MacDonald, A Critical Cinema 2: Interviews with Independent Filmmakers, Berkeley: University of California Press, 305.
- ↑ "Su Friedrich". Lewis Center for the Arts (en inglés). Consultado o 2017-03-12.
- ↑ Lynn Bell, Su Friedrich, Senses of Cinema, website
- ↑ "Su Friedrich | The Herb Alpert Award in the Arts". herbalpertawards.org. Consultado o 2017-03-12.
- ↑ "Peter S. Reed 2000". www.petersreedfoundation.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 2017-03-12.
- ↑ "Su Friedrich Collection". Academy Film Archive.
- ↑ "Preserved Projects". Academy Film Archive.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Padva, Gilad (2014). "Autobiography, autogynography, and autoqueerography". Queer Nostalgia in Cinema and Pop Culture (1st ed.). Palgrave Macmillan. pp. 129–138. ISBN 978-1-349-44317-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Su Friedrich at Senses of Cinema
- Su Friedrich at Outcast Films
- Scar Tissue at UbuWeb
- From the Ground Up at Microcinema
- From the Ground Up Nassau Weekly review by Martina Car
- From The Ground Up Arquivado 27 de outubro de 2021 en Wayback Machine. Curledupdvd.com review by Trent Daniel
- Seeing Red The New York Times review by Stuart Klawans
- Sink or Swim Chicago Reader review by Fred Camper
- The Films of Su Friedrich (Outcast Films) Senses of Cinema review by William C. Wees
- Media Arts Fellowship