Saltar ao contido

Suabia (rexión administrativa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSuabia

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°30′N 10°30′L / 48.5, 10.5
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera Editar o valor en Wikidata
CapitalAugsburgo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.917.979 (2021) Editar o valor en Wikidata (191,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie9.992,03 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude560 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHochfrottspitze (en) Traducir (2.649 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoErwin Lohner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Código NUTSDE27 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña097 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbezirk-schwaben.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: bezschwaben Instagram: bezirk_schwaben Youtube: UCF6cy_0l0q6eDF5S0KGotTA Editar o valor en Wikidata

Suabia (en alemán Schwaben, en bávaro Schwobm) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]

Está situada no suroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, a Franconia Media e a Alta Baviera. Ademais ten unha fronteira exterior con Austria, que se encontra aberta grazas ao Acordo de Schengen.

A súa capital administrativa é Augsburgo.[2]

División administrativa

[editar | editar a fonte]

A rexión de Suabia está composta por catro cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e dez distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distrito

[editar | editar a fonte]

Distritos rurais

[editar | editar a fonte]

Poboación

[editar | editar a fonte]

Evolución histórica da poboación de Suabia

[editar | editar a fonte]
Casa do Concello de Kempten
  • 1939: 934 311
  • 1950: 1 293 734
  • 1961: 1 340 217
  • 1970: 1 467 454
  • 1987: 1 546 504
  • 2002: 1 776 465
  • 2005: 1 788 919
  • 2006: 1 786 764
  • 2008: 1 787 995
  • 2010: 1 785 875
  • 2015: 1 846 020
  • 2019: 1 899 442

A rexión forma parte da rexión histórica de Suabia e en tempos pasados foi gobernada por duques da dinastía Hohenstaufen.

Véxase tamén: Dinastía Hohenstaufen.

Despois da decapitación do duque de Suabia Conradino en Nápoles en 1268, seu tío, o duque bávaro Luís herdou algunhas das posesións de Conradino en Suabia.

En 1803, coa mediatización e secularización alemá, Baviera adquiriu os territorios da Suabia Oriental, que se fusionaron co Palatinado-Neuburgo, constituíndo a "Provincia Bávara de Suabia", cuxa capital encontrábase en Ulm.

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

En 1808 este territorio dividiuse en tres distritos (Oberdonaukreis, Lechkreis, Illerkreis) e, en 1817 foron reunidos de novo no distrito Oberdonaukreis, cuxa sede era Augsburgo.

Nos anos seguintes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse 15 a 8. En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito cambiou a distrito de Suabia e Neoburgo, en honor ao ducado de Suabia, xa que o actual distrito conformaba os territorios do leste do antigo ducado.

Durante o período nazi, o 1 de outubro de 1928, a rexión separouse do resto de Baviera para formar o Gau Schwaben, sendo reincorporada a Baviera despois da segunda guerra mundial, como distrito de Suabia.

Economía

[editar | editar a fonte]

O produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 74 800 millóns de euros en 2018, o que representaba o 2,2 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 36 500 euros, o 121 % da media da Unión Europea no mesmo ano. O PIB por empregado foi o 101 % da media da UE.[3]

  1. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9. 
  2. Páxina oficial de Augsburgo (en alemán).
  3. "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]