Saltar ao contido

Subida a Carballo

Modelo:Competición deportivaSubida a Carballo
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato de Galicia de Montaña Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCarballo (Provincia da Coruña) 43°13′00″N 8°41′00″O / 43.216666666667, -8.6833333333333 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1983 – 1987 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosAlberto González Fernández (3) Editar o valor en Wikidata

A Subida a Carballo foi unha carreira de montaña disputada en Carballo entre 1983 e 1987. Era puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.

A primeira edición tivo lugar o 18 de xuño de 1983, organizada pola Escudería La Coruña, e co percorrido situado na estrada que une Carballo con Razo.[1] Esta foi dominada polos fórmulas dos pilotos asturianos Víctor Abraham, Naredo e Valentín, que ocuparon as tres primeiras posicións, seguidos de José Luis Vilanova co seu o Porsche 911 SC, sendo este o primeiro galego e o primeiro carrozado na liña de meta.[2] Nesa primeira edición destacou a ausencia do pontevedrés Alberto González "Camba", quen si competiu na segunda, disputada en setembro de 1985, onde logrou a vitoria por diante de Abraham e Luis Barrio. Carlos Piñeiro (4º), José Mora (6º) e José Luis Vilanova (7º) foron os tres primeiros turismos clasificados.[3]

O Selex 2000 de Camba gañou tamén as seguintes edicións, en 1986 e 1987, acompañado no podio en ambos casos por José Luis Santos e Manuel Cavada.[4][5]

Palmaŕes

[editar | editar a fonte]
Ano Nome Vencedor Vehículo
1983 I Subida a Carballo Asturias Víctor Abraham Selex 2000
1985 II Subida a Carballo Galicia Camba Selex 2000
1986 III Subida a Carballo Galicia Camba Selex 2000
1987 IV Subida a Carballo Galicia Camba Selex 2000
  1. "Pilotos de Asturias y Galicia lucharán mañana en la «Subida a Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 1983. p. 46. 
  2. Arévalo, Fernando (20 de xuño de 1987). "Abraham y Vilanova, ganadores de la «I Subida a Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 22. 
  3. Arévalo, Fernando (9 de setembro de 1985). "Camba ganó la Subida a Carballo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 15. 
  4. "El pontevedrés González Camba venció en la «III Subida a Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 1986. 
  5. Ferreiro, José M. (26 de agosto de 1987). "González Camba logró en la «IV Subida a Carballo» su 77 victoria individual". La Voz de Galicia (en castelán). p. 26.