Campionato de Velocidade da Coruña
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Deporte | carreira de montaña |
Parte de | Campionato de Galicia de Montaña |
Localización e Datas | |
Localización | A Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′26″N 8°24′00″O / 43.37385694, -8.40002703 |
País | España |
Vixencia | 1980 – 1984 |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Alberto González Fernández (3) |
O Campionato de Velocidade da Coruña foi un campionato automobilístico celebrado entre 1980 e 1984 na Grela, no concello da Coruña. Cada edición do campionato estaba formado por varias carreiras de montaña, denominadas cada unha delas como Subida á Grela, e que eran puntuables para o Campionato de Galicia de Montaña.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira edición comezou en xullo de 1980, organizada pola Escudería La Coruña, e constou de tres subidas, contando as tres para o Campionato de Galicia de Montaña.[1] O pontevedrés Alberto González "Camba" foi o vencedor, despois de lograr tres vitorias nas tres subidas.[2] O dominio de Camba continuou ao ano seguinte, no que gañou de novo as tres carreiras e o campionato.[3]
En 1982 Manuel Neira conseguiu gañar o campionato grazas á súa regularidade. Obtivo un segundo posto, un cuarto e logrou a vitoria na segunda carreira, aproveitando un erro de Camba que lle fixo perder moitas posicións, tendo que conformarse este co subcampionato final, a pesar de gañar as outras dúas carreiras.[4] En 1983 o formato do campionato variou, pasando a disputarse as tres subidas na mesma fin de semana. O vencedor volveu ser Camba, logo de gañar dúas das tres carreiras.[5]
En 1984 disputouse a última edición do campionato, onde Neira conseguiu a vitoria nas tres probas e o seu segundo triunfo absoluto, despois de que Camba sufrise problemas mecánicos e tivese que retirarse.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Nome | Vencedor | Vehículo |
---|---|---|---|
1980 | I Campionato de Velocidade da Coruña | Camba | Selex 2000 |
1981 | II Campionato de Velocidade da Coruña | Camba | Selex 2000 |
1982 | III Campionato de Velocidade da Coruña | Manuel Neira | Martini 1800 |
1983 | IV Campionato de Velocidade da Coruña | Camba | Selex 2000 |
1984 | V Campionato de Velocidade da Coruña | Manuel Neira | Martini |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estévez, E. (10 de xullo de 1980). "I Campeonato de Velocidad de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45.
- ↑ Estévez, E. (23 de setembro de 1980). "González Camba conquistó el I Campeonato de Velocidad". La Voz de Galicia (en castelán). p. 36.
- ↑ "González Camba ganó el campeonato de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de setembro de 1981. p. 38.
- ↑ "Neira ganó el III Campeonato de Velocidad de Automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1982. p. 28.
- ↑ "Camba, ganador absoluto del campeonato de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1983. p. 27.
- ↑ "Manuel Neira, vencedor absoluto del Campeonato de La Coruña de velocidad". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1984. p. 24.