Saltar ao contido

Chaston FS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chaston FS
NomeChaston Fútbol Sala
Fundación1978
Desaparición1995
EstadioPazo dos Deportes de Riazor[1]

O Chaston Fútbol Sala (posteriormente coñecido coma Egasa Chaston e Egasa Coruña) foi un equipo de fútbol sala da cidade da Coruña, bicampión de liga e tricampión de copa na década de 1980.[2][3]

Trofeos do Chaston FS

Foi fundado polo empresario Miguel Mosquera Novo, ao redor de 1978, co nome da discoteca Chaston, que posuía.[4] Na tempada 1980-81 xa chegou á fase final do Campionato de España de fútbol sala que se disputou na Coruña.[5] Foi o primeiro club español de fútbol sala en fichar a un xogador brasileiro,[6] Denis, despois dun partido amigable disputado por Chaston contra un equipo do Río de Xaneiro.[7] Chaston contribuíu cun xogador (Vituco) ao primeiro partido disputado pola selección española de fútbol sala en 1982.[8]

Década de 1980

[editar | editar a fonte]

Os maiores logros deportivos chegaron a mediados da década de 1980, cando proclamouse campión de liga ante a Unión Sport de Madrid en abril de 1984.[9] Posteriormente revalidou o título de liga en 1985, foi subcampión de liga 1988 e gañou as copas do rei de 1986, 1987 e 1988.[4]

Participou no primeiro campionato unificado de liga, xurdido en 1989 (xa co nome de Egasa Chaston), esa tempada quedou fóra dos play-offs.[10]  

Década de 1990

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1989-90 debutou na División de Honra, como Egasa Chaston, sendo o seu adestrador o antigo defensa do Deportivo da Coruña Pancho García, que xogara tamén no Chaston un par de anos antes[11] Mantívose na máxima categoría do fútbol sala español durante seis anos e na 1991-92 alcanzou os play-offs polo título, caendo nos cuartos de final ante Elpozo Murcia.[12][13]  

Participou na División de Honra como Egasa Coruña as tempadas 1993-94 e 1994-95 na que descendeu á división de prata por un descenso administrativo, o que levou a súa desaparición.[14][15][7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Campión de liga 1983-84
  • Campión de liga 1984-85
  • Campión de Copa do rei 1985-86
  • Campión de Copa do rei 1986-87
  • Campión de Copa do rei 1987-88
  1. Medio siglo del Palacio de Riazor en diez recuerdos
  2. "F.S. La Coruña". Consultado o 2021-06-20. 
  3. VAVEL.com (2021-04-27). "Galicia manda en la élite" (en castelán). Consultado o 2021-06-20. 
  4. 4,0 4,1 "El empresario de la noche que llevó al futbol sala coruñés a lo más alto con el Chaston" (en castelán). 2008-05-03. Consultado o 2021-06-20. 
  5. País, El (1981-07-02). "Las semifinales se disputan hoy en La Coruña". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-20. 
  6. AS, Diario (2006-10-31). "La Liga se mueve con la samba de 74 brasileños" (en castelán). Consultado o 2021-06-20. 
  7. 7,0 7,1 Coruña, Rubén Darío Rodríguez | A. (2009-12-28). "Nostalgia de un carioca coruñés" (en castelán). Consultado o 2021-06-20. 
  8. Parra, Óscar García/Pablo (2017-04-05). "Fútbol Sala: 35 años de La Roja de las dos estrellas" (en castelán). Consultado o 2021-06-20. 
  9. "El día en que se forjó la leyenda" (en castelán). 2016-02-15. Consultado o 2021-06-20. 
  10. http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD01/HEM/1990/04/21/MD19900421-039.pdf
  11. "El ex deportivista «Pancho» García será el nuevo entrenador del Chaston". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1989. p. 49. 
  12. "Fútbol-Sala en HISPALIGAS". Consultado o 2021-06-20. 
  13. "División de Honor 1991/92 - Fútbol-Sala". HISPALIGAS. Consultado o 2021-06-20. 
  14. "División de Honor 1994/95 - Fútbol-Sala". HISPALIGAS. Consultado o 2021-06-20. 
  15. "Luis Gómez cuelga las zapatillas tras veinte años como jugador de fútbol sala". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-20.