Saltar ao contido

Substantivo relacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un substantivo relacional é unha clase de palabras utilizadas en moitas linguas. Caracterízanse por funcionar sintacticamente como substantivos, malia que transmiten un significado que noutras linguas é transmitido por adposicións (p.ex. preposicións e postposicións). En América Central, o uso dos substantivos relacionais constitúe un trazo característico da área lingüística mesoamericana, incluíndo as linguas maias, mixe–zoqueanas linguas e otomangueanas.[1] Os substantivos relacionais tamén son comúns en linguas do sueste asiático (como no caso do vietnamita e o tailandés), o leste de Asia (como no mandarín, o xaponés e o tibetano), Asia central (como nas linguas turcas), as linguas munda do sur de Asia (como o sora), e as linguas micronesias.

Un substantivo relacional é, gramaticalmente falando, un substantivo sinxelo, mais por mor de que o seu significado describe unha relación espacial ou temporal no canto dunha "cousa", describe a localización, o movemento e outras relacións como o fan as preposicións nas linguas que as teñen. Cando se usa, o substantivo é "propiedad" doutro substantivo e describe unha relación entre o seu "propietario" e un terceiro substantivo.

Por exemplo, no náhuatl clásico:
"Ca ī-pan petlatl in mistōn"
Está o seu-en alfombra o gato
"O gato está na alfombra".

  1. Campbell, Lyle; Terrence Kaufman; Thomas Smith Stark (setembro de 1986). "Meso-America as a linguistic area". Language (Washington, DC: Linguistic Society of America) 62 (3): 530–558. ISSN 0097-8507. JSTOR 415477. OCLC 1361911. doi:10.2307/415477. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Starosta, Stanley (1985). "Relator nouns as a source of case inflection". En Venetta Z. Acson e Richard L. Leed. For Gordon H. Fairbanks. Honolulu: University of Hawaii Press. pp. 111–133. ISBN 0-8248-0992-0.