Saltar ao contido

Suede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeLondres, Inglaterra Bandeira de Inglaterra
Período1989 - 2003, 2010 - presente
Xénero(s)rock alternativo, britpop
Selo(s) discográfico(s)Nude, Columbia, Sony BMG
MembrosBrett Anderson
Matt Osman
Simon Gilbert
Richard Oakes
Neil Codling
Antigos membrosJustine Frischmann
Bernard Butler
Alex Lee
Na rede
Páxina web oficial
IMDB: nm0837261 Facebook: SuedeOfficial Twitter: suedeHQ Instagram: suedehq MySpace: londonsuede Youtube: UCdNf1p4SVbcFWKJULVNvl3A Spotify: 6PHIK3kjWggLtVygsOtpqS iTunes: 31209505 Last fm: Suede Musicbrainz: a55c2f1b-3f3f-4d6a-aa30-5e186dbadce6 Songkick: 389710 Discogs: 92564 Allmusic: mn0000586694 Deezer: 6365 Editar o valor en Wikidata

Suede é un grupo de rock londiniense formado en 1989, disolto en 2003, e reunido no ano 2010. En Estados Unidos son coñecidos como The London Suede, posto que o seu nome orixinal xa estaba rexistrado.

A formación coa que se deron a coñecer foi: Brett Anderson (voz), Bernard Butler (guitarra), Matt Osman (baixo) e Simon Gilbert (batería). Antes de gravar o seu primeiro disco tamén pasaron pola banda fugazmente o batería de The Smiths, Mike Joyce e a que máis tarde sería cantante e líder do grupo Elastica, Justine Frischmann, por aquela época noiva de Brett Anderson.

Cando o grunge estalou a principios de os 90 da man de Nirvana, todas as miradas dirixíronse cara ao rock alternativo e o indie rock que se estaba facendo neses momentos nos Estados Unidos As listas de éxitos e a prensa británica enchéronse de grupos americanos e os mozos dese país e de todo o mundo mostraban máis interese no que se facía alén do océano. Isto era unha afronta para unha industria afeita a levar a batuta nas novas tendencias do pop e o rock. Así que, cos Stone Roses en paradeiro descoñecido por aquela época e a eclosión do Brit Pop aínda por chegar, a prensa musical lanzouse a buscar aos novos The Smiths para facer fronte á nova competencia.

De maneira que cando Suede publicou o seu primeiro sinxelo en 1992, "The Drowners", a crítica rendeuse aos seus pés, recibíndoos como a grande esperanza do pop británico. Sería entón cando se inicia unha relación moi especial coa prensa musical daquel país, tan propensa a esaxeracións e polémicas, na que non sempre sairían ben parados.

Logo do seu primeiro sinxelo virían dous máis, "Metal Mickey" e o clásico "Animal Nitrate", e a medida que se ían sucedendo os singles percibíanse máis claramente as principais referencias do seu son. Por unha banda o Glam Rock de T.Rex e sobre todo do David Bowie da época de Ziggy Stardust; por outra o lirismo do mellor pop de os 80 dos seus admirados The Smiths e de Echo and the Bunnymen.

Malia estas influencias obvias, a voz de Brett destacaba por si mesma, demostrando ser un extraordinario cantante capaz dotar de dramatismo e emoción as cancións compostas por el e Bernard sen deber nada a ninguén. Nos seus concertos tamén se revelou como un frontman que rebosaba paixón e enerxía, froito dos anos que pasaron tocando en clubs antes de ter contrato discográfico.

Era evidente tamén o talento que posuía Bernard Butler para tocar a guitarra, que ás veces parecía tocada por Johnny Marr e noutras ocasións parecía o mesmo Mick Ronson.

Destacaban así mesmo as súas letras, que contaban de historias de sexo, nocturnidade e angustia xuvenil, narradas cun pouso romántico e cínico a partes iguais.

A premeditada ambigüidade sexual que exhibían estaba herdada directamente do Glam Rock, pero matizándola engadíndolle moita máis sobriedade. Isto facía que a polémica sempre rodease as súas declaracións á prensa, non sempre acertadas, como cando Brett afirmou que era un bisexual que nunca tivera unha experiencia homosexual.

Comeza a súa popularidade

[editar | editar a fonte]

Con todos estes ingredientes non é de estrañar a expectación coa que se agardaba a publicación do seu primeiro LP, do que se chegou a dicir no seu momento que era o disco máis esperado desde o Never Mind the Bollocks dos Sex Pistols. Cando por fin apareceu en 1993, as expectativas quedaron colmadas dabondo, conseguindo rapidamente o número un no Reino Unido e converténdose na primeira gran banda que daría o pop británico en os 90. Chamábase simplemente Suede e incidía no son dos seus sinxelos anteriores, aínda que os mellores temas incluídos nel eran precisamente os que xa adiantaran. A excepción de "So Young", que se editou como single posteriormente ao LP e era un himno ao estilo Suede.

Ao ano seguinte saíu á venda o single "Stay Together", que non estaría incluído en ningún dos seus álbums. Pouco despois saltou a noticia de que Bernard abandonaba o grupo sen concluír a gravación do seu seguinte disco. A culpa, como ocorre case sempre nestes casos, tívoa a loita de egos entre os dous líderes do grupo. Os semanarios británicos chegaron a augurar que ao perder ao seu carismático guitarrista que era parte clave do son Suede e compositor ao cincuenta por cento con Brett de todas as cancións da banda, esta estaba acabada.

Precedido do sinxelo "We Are The Pigs", canción prima irmá de "Animal Nitrate", no outono de 1994 publicouse o seu segundo álbum, Dog Man Star, cuxo son é máis denso, as estruturas dos temas fanse máis complexas, engádense arranxos orquestrais e nos medios tempos apréciase aroma crooner. Todo isto fai que moitos o consideren como o seu mellor disco malia non vender tanto como o seu predecesor. As outras dúas cancións elixidas como singles foron "The Wild Ones" e "New Generation".

Despois de Bernard Butler

[editar | editar a fonte]

Trala marcha de Butler, o grupo rexenérase fichando a Richard Oakes, un fan da banda de 17 anos, quen enviara unha fita en resposta a un anuncio que publicaron na revista NME; e a Neil Codling como tecladista, curmán de Simon Gilbert, o batería da banda. Os dous novos membros integráronse perfectamente, involucrándose na composición de novos temas.

En 1996 publican o seu terceiro traballo “Coming Up” e o seu correspondente primeiro single, “Trash”. Os seguintes singles do álbum foron “Beautiful Ones” (posiblemente a súa canción máis coñecida), “Saturday NIght”, “Lazy” e “Filmstar”.

Este traballo serviu para consolidalos como un dos grupos máis importantes da década, chegando a vender máis dun millón e medio de copias en todo o mundo, e converténdose no seu disco máis vendido.

Por esas data a polémica volve a salpicalos cando a que fora guitarrista do grupo e moza de Brett, Justine Frichmann, naquela cantante de Elástica, realiza unhas polémicas declaracións afirmando que Brett é adicto á heroína.

En 1997 publicarían “Sci Fi Lullabies”, un recompilatorio que reunía a maioría das caras b que incluíran nos seus sinxelos anteriores.

A última etapa

[editar | editar a fonte]

O seu seguinte traballo sacado á venda en 1999 chamouse “Head Music”, cuxos singles foron “Electricity”, “She’s” In Fashion”, “Everything Will Flow” e “Can’t Get Enough”, incorporando novos son e elementos electrónicos.

En 2001 Neil Coding deixa Suede ao diagnosticárselle síndrome de fatiga crónica integrándose no lugar Alex Lee.

En 2002 gravan “A New Morning”, o seu quinto álbum cos singles “Positivity” e “Obsessions”.

Despois deste disco, o grupo decide separarse. “Singles” sería o epílogo da súa carreira recollendo todos os seus sinxelos.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Suede 1993 Nude Records
Dog Man Star 1994 Nude Records
Coming Up 1996 Nude Records
Head Music 1999 Nude Records
A New Morning 2002 Epic Records
Bloodsports 2013 Suede Ltd
Night Thoughts 2016 Suede Ltd
The Blue Hour 2018 Warner Music UK
Autofiction 2022 BMG

Videografía

[editar | editar a fonte]
  • Love And Poison, 1993.
  • Introducing the Band, 1995.
  • Lost In TV (DVD), 2001.

De Suede:

  • The Drowners, 1992.
  • Metal Mickey, 1992.
  • Animal Nitrate, 1993.
  • So Young, 1993.

Sinxelo:

  • Stay Together (ep), 1994.

De Dog Man Star:

  • We Are The Pigs, 1994.
  • The Wild Ones, 1994.
  • New Generation, 1995.

De Coming Up:

  • Trash, 1996.
  • Beautiful Ones, 1996.
  • Saturday Night, 1997.
  • Lazy, 1997.
  • Filmstar,1997.

De Head Music:

  • Electricity, 1999.
  • She's In Fashion, 1999.
  • Everything Will Flow, 1999.
  • Can't Get Enough, 1999.

De A New Morning:

De Singles:

  • Attitude, 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]