Sugar Babydoll
Sugar Babydoll | |
---|---|
Orixe | Portland, Oregón, |
Período | 1981, 1984 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Membros | Courtney Love Kat Bjelland Jennifer Finch Ursula Wehr Robin Barbur |
Sugar Babydoll foi un proxecto musical estadounidense inicialmente creado por Courtnie Love en Portland, Oregón no ano 1991. A banda, que nas súas últimas etapas incluíu á guitarrista e vocalista Kat Bjelland e á baixista Jennifer Finch, foi precursora de Pagan Babies, formada por Love e Bjelland en San Francisco en 1984. Nun capítulo da serie de VH1 Behind the Music dedicado a Love, tanto ela como Bjelland destacaron que o grupo, nos seus primeiros tempos, era máis para "facerse fotos" e pasar o rato que para tocar música.
Historia
[editar | editar a fonte]A Courtney Love xurdíralle o nome e a idea de formar un grupo a comezos dos 80 cando era unha adolescente en Portland. Creou a banda cos seus amigos Ursula Wehr e Robin Barbur en 1981, cando Love tiña 17 anos, pero abortou o proxecto e mudouse a San Francisco en 1982 onde foi brevemente vocalista de Faith No More. Cando regresou a Portland en 1983, Love coñeceu a Kat Bjelland no club nocturno Satyricon. Tanto Love como Bjelland eran clientas habituais do club de rock, coñecido nos anos 80 como un centro de actvidade de bandas e músicos de punk rock. Bjelland era de preto de Woodburn, Oregón, mentres que Love vivira en varias cidades do estado, entre elas Marcola, Salem, Eugene e Portland.
Segundo Bjelland, despois de que as dúas se coñecesen, Love, que estaba buscando formar un grupo de rock de só rapazas, "axeonllouse" e pediulle "por favor, por favor, se a miña guitarrista". Bjelland aceptou e Love entón recrutou a Jennifer Finch, unha amiga que coñecera en California, como baixista da banda.
Pouco se sabe sobre en que acabaron os proxectos musicais da banda; aínda que unha cinta demos feita pola seguinte banda de Love e Bjelland, Pagan Babies, non existe ningunha información sobre gravacións ou sobre a historia de Sugar Babydoll. Do que si se sabe, porén, é da rupura do grupo. Tanto Love como Bjelland estaban experimentando con drogas nesa época e abusando de medicamentos como o valium. Segundo Jennifer Finch a adicións ás drogas de Love comezou a interferir co proceso creativo da banda.
Durante os anos seguintes a banda moveuse entre Oregón e California, antes de que fose abndonado por completo. Cara 1985 o grupo estaba oficialmente disolto. Love regresou a San Francisco, desta vez con Bjelland, onde formaron Pagan Babies, que tamén tivo unha curta vida.
A pesar da falta de éxito do grupo, as tres mulleres embarcáronse posteriormente en proxectos máis grandes: Love acabaría formando Hole en 1989, mentres que Bjelland formaría Babes in Toyland en 1987. Love mudouse brevemente a Minneapolis, onde Bjelland formara Babes in Toyland, e tocou o baixo na banda durante varias semanas antes de ser expulsada e substituída por Michelle Leon. Jennifer Finch pola súa banda pasaría a tocar na banda feminina de punk rock L7 durante os seus primeiros seis anos, ademais de toca en Betty Blowtorch.