Sumo
Aparencia
O sumo[1] (相撲 sumō ou 大相撲 Ōzumō - en xaponés) é unha loita de competición de orixe xaponesa. Dous atletas (rikishi) compiten nunha area circular (dohyo-) e o primeiro en tocar o chan con calquera parte do corpo excepto os pés ou tamén pisar fóra do dohyo- perde a loita. Un rikishi tamén perde a loita se aplica un golpe prohibido. O sumo é moi antigo e, a pesar de ser un deporte, conserva rituais xintoistas.
A xerarquia dos practicantes de sumo dáse nos seguintes grupos (en orde decrecente): Makuuchi, Juryo, Makushita, Sandanme, Jonidan e Jonokuchi. Só os rikishi das dúas categorías superiores reciben salarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sumo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sumo |