Surfin'
«Surfin'» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de The Beach Boys | |||||
do álbum Surfin' Safari | |||||
Lanzamento | novembro, 1961 | ||||
Formato | vinilo 7" | ||||
Gravada | 3 de outubro de 1961 en World Pacific Studio | ||||
Xénero musical | Surf rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:10 | ||||
Discográfica | Candix | ||||
Produtor(es) | Hite Morgan | ||||
Escritor(es) | Brian Wilson, Mike Love | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Surfin" é unha canción de The Beach Boys, escrita por Brian Wilson e Mike Love. Constitúe a primeira gravación do grupo que entón se chamaba The Pendletones, pero que editou Candix Records como o primeiro sinxelo de Beach Boys (mudándolles o nome[1]) en novembro de 1961, con Luau na cara B, e en 1962 apareceu no álbum Surfin' Safari. The Beach Boys intentaban pensar nalgunha cousa orixinal e creativa sobre a que escribir, e segundo Brian Wilson "Un día, meu irmán Dennis chegou á casa da praia e dixo, 'Oídes, surfear éche realmente grande. Rapaces deberiades escribir unha canción sobre iso."[2]
Na canción Mike Love era o vocalista con Carl Wilson no coro e guitarra, Al Jardine no coro e contrabaixo, Brian Wilson no coro e percusiónn e Dennis Wilson no coro. O sinxelo chegou ao número 75 nos Estados Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jay Warner American Singing Groups: A History from 1940s to Today: Hal Leonard Corporation (2006), p. 328
- ↑ David Leaf The Beach Boys and the California Myth: Grosset & Dunlap, 1978. ISBN 0-448-14626-6