Saltar ao contido

Surfin' Bichos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Surfin' Bichos
Tipogrupo musical
Na rede
BNE: XX145277 Musicbrainz: 8401db6b-30cb-4f04-a07b-e97ba2027204 Songkick: 58829 Discogs: 1327049 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Surfin' Bichos é un grupo de indie rock albaceteño, fundado para a participación no Premio Rock Villa de Madrid de 1988 por Fernando Alfaro (voz e guitarra eléctrica), Joaquín Pascual (guitarra e teclados), José María Ponce (baixo eléctrico) e Carlos Cuevas (batería). En 1993, tras editaren o seu cuarto disco El amigo de las tormentas (Virus-RCA), o grupo disolveuse e os integrantes comezaron proxectos propios: Alfaro funda Chucho no 1996 e Pascual, Ponce e Cuevas Mercromina en 1995. Trinta anos despois da súa separación a banda anunciou o seu regreso co álbum Más Allá (Sonido Muchacho, 2023) e a súa participación no festival Sound Isidro de Madrid.[1]

Gañaron o Premio a Grupo Relevación do ano 1990 outorgado por Radio 3 e do Progama de televisión El Salero, presentado por José Manuel Parada cun premio de 5 millóns de pesetas ese mesmo ano. En 2001 a revista española Rockdelux incluíunos na lista dos 50 mellores discos nacionais dos anos 90.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]

En 1988 publicaron a súa primeira maqueta, a pesar dos paros que viviu o grupo por diversos motivos, entre outros, a banda paralela na que tocaban todos menos Alfaro, os Trollstones. Enviaron esa primeira maqueta ao certame de Villa de Madrid co nome de Surfin’ Bichos, residindo na casa do saxofonista que os acompañaría en directo. O novo nome que tiñan foi o produto da fusión de Los Bichos, banda de rock de Pamplona, con "Surfin' Jesus", a súa propia canción. Joaquín Pascual non acudiu á gravación dos temas que esixe o concurso, polo que quedou temporalmente fóra do grupo. Conseguiron o terceiro premio e establecer contacto co locutor de Radio 3 Jesús Ordovás, algo que lles axudaría a gravar unha nova maqueta titulada como Primera cebolla sónica (1988). A radio pública catalogou esta maqueta como punk e rock, e contiña letras mesturadas con alusións á relixión, ao sexo e ás emocións fortes. Entre eles, o primeiro éxito do grupo: "Gente abollada", unha historia límite que se incorporou ao seu primeiro disco La luz en tus entrañas (La Fábrica Magnética, 1989).

O seu representante Manolo Rock, pecha un contrato do grupo con La Fábrica Magnética de Servando Carballar o ano seguinte. No selo publicaron o primeiro EP de presentación Surfin’ Bichos (La Fábrica Magnética, 1989). Pouco despois, con Joaquín Pascual reincorporado e facéndose cargo dos teclados, Surfin' Bichos comezou a súa andaina con La luz en tus entrañas. Os membros da banda criticaron a produción do álbum de pobre e varias cancións orixinais foron regravadas en recompilatorios futuros, como é o caso de "Gente abollada". O disco foi catalogado de pioneiro polas referencias ao grunge e o indie en bandas como The Jesus and Mary Chain, segundo a prensa especializada aínda non comúns no Estado español aquel ano.

Da colaboración entre La Fábrica Magnética e a multinacional RCA naceu Virus, o selo filial encargado de producir o segundo disco dos manchegos: Fotógrafo del cielo (Virus / RCA 1991). O disco asóciase ao rock conceptual por cancións como "Oración en el desierto", de sete minutos de duración con letras que falan de crime e redención.

Surfin' Bichos presentouse no seguinte disco cunha foto dos agora tres integrantes a peito descuberto e o título Hermanos carnales (Virus/RCA, 1992). Producido por David Gwyn e gravado en Londres, o seu terceiro lanzamento de longa duración revela un maior refinamento ao estilo radiofónico. O sinxelo “¡Fuerte!” apareceu nos programas de radio españois Cadena Dial e Los 40 durante o verán de 1992. Para os directos, o baixista José Manuel Mora é quen os acompaña e nos créditos do disco aparece nos coros Isabel León.

O auxe da música alternativa fixo que a multinacional apostase pola súa promoción na xira de Hermanos carnales. Para iso, tentaron que a banda abrise en España para Nirvana inmersa na xira de Nervermind (Geffen, 1991). Incluso se imprimiron os carteis citando a Nirvana, Teenage Fanclub e Surfin' Bichos, pero a última hora o director da banda de Seattle non deu permiso aos Surfin' Bichos para abrir o concerto.

O grupo estaba entón formado por cinco membros tras se uniren José Manuel Mora e Isabel León. Todos eles serán os encargados de facer El amigo de las tormentas (RCA, 1994), o seu último traballo, un disco para o que non houbo xira. Tras esta disolución, publicaríase El Infierno B. Rarezas (RCA / Limbo Starr, 1996), un recompilatorio con caras B e versións alternativas dalgúns temas que atoparon saída grazas a Limbo Starr, o selo fundado por Fernando Alfaro e Isabel León.

Anos despois estreouse en dobre DVD o documental Buzos haciendo surf (La Nube, 2012), un traballo dobre en DVD dirixido por Rogelio Abraldes e producido por Carlos Valcárcel con imaxes inéditas dos directos de 1989 e trece temas da xira de reencontro de 2006.[3]

  • La luz en tus entrañas (La Fábrica Magnética, 1989).
  • Fotógrafo del cielo (Virus-RCA, 1991).
  • Hermanos carnales (Virus-RCA, 1992).
  • El amigo de las tormentas (Virus-RCA, 1993).
  • Más allá (Sonido Muchacho, 2023).

Singles e EPs

[editar | editar a fonte]
  • “¿Amas lo desconocido?” (Single promocional de 7") (La Fábrica Magnética, 1989)
  • “Vive el peligro” (Single de vinilo de 7") (La Fábrica Magnética, 1990)
  • “Dulce mal trago” (Single de vinilo de 7") (BMG Ariola, 1991)
  • “Rifle de repetición” (Single de vinilo de 7") (BMG Ariola, 1991)
  • “¡Fuerte!” (Maxi 12’’) (BMG Ariola, 1992)
  • “Mi hermano carnal” (Single de vinilo de 7") (BMG Ariola, 1992)
  • “Cuanto más duro vengan” (Single de vinilo de 7") (BMG Ariola, 1993)
  1. "Surfin’ Bichos – Surfin’ Bichos (1989)". argiaetaitsutasuna.wordpress.com (en castelán). Consultado o 2024-02-11. 
  2. "SURFIN' BICHOS, GENTE APLICADA". Consultado o 2024-02-11. 
  3. "Grupo de pop rock independiente en activo entre la década de los 80 y los 90". Consultado o 2024-02-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]