Susan Boyle
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Susan Magdalane Boyle 1 de abril de 1961 (63 anos) Blackburn, Reino Unido (pt) |
Educación | Queen Margaret University (en) St Kentigern's Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz |
Período de actividade | 1998 - |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Columbia Records Sony Music Entertainment |
Participou en | |
7 de xaneiro de 2019 | America's Got Talent: The Champions (en) |
11 de abril de 2009 | Britain's Got Talent, series 3 (en) |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
Sitio web | susanboylemusic.com |
|
Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de cantar na audición, tanto os xuíces como o público demostraban desconfianza pola súa aparencia desleixada e comportamento inseguro. En resposta, despois dunha sorprendente actuación, foi ovacionada polo auditorio e polos xuíces, que aplaudiron de pé. O contraste da súa actuación coa primeira impresión que deu, xerou unha enorme repercusión global. Apareceu nos xornais de todo o mundo e bateu récords de reproducións en vídeos de Internet.
Aínda que non gañou o programa, asinou un contrato co selo discográfico Sony Music, e o 23 de novembro de 2009 saíu o seu primeiro álbum musical, I Dreamed a Dream. Converteuse no álbum de debut máis vendido da historia do Reino Unido, superando o récord de Leona Lewis co seu disco Spirit,[1] e tamén estebeleceu o récord de vendas dun álbum debut na súa primeira semana, segundo a Official Charts Company.[1] No seu primeiro ano de fama, Boyle gañou 5 millóns de libras co lanzamento de I Dreamed a Dream e os sinxelos "I Dreamed a Dream" e "Wild Horses".[2] O éxito continuou no seu segundo traballo, The Gift (2010), que acadou os primeiros postos das listas de vendas do Reino Unido e tamén dos Estados Unidos de América en dúas ocasións no mesmo ano. O seu terceiro álbum saíu o ano seguinte, Someone to Watch Over Me (2011).[3][4] Tamén sacou os álbums Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012),[5] Home for Christmas (2013),[6] Hope (2014), A Wonderful World (2016) e Ten (2019).[7]
O 12 de maio de 2012, Boyle volveu ao programa Britain's Got Talent como convidada para interpretar "You'll See" na gran final.[8] Ao día seguinte, interpretou a canción "Mull of Kintyre" no castelo de Windsor.[9]
Boyle é coñecida por dar o seu apoio a varias causas benéficas e participou nos eventos BBC Children in Need e Comic Relief. En 2013, Boyle vendera arredor de 19 millóns de copias en todo o mundo e foi candidata a dous Premios Grammy.[10] Boyle ten publicados oito álbums, entre os que se inclúen dous de Nadal, Home For Christmas e A Wonderful World. En 2019 celebrou dez anos como artista coa publicación dun álbum recompilatorio titulado Ten e unha xira.
En 2021 estimábase que Boyle vendeu arredor de 19 millóns de discos.[11]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums musicais
[editar | editar a fonte]- I Dreamed a Dream (2009)
- Wild Horses
- I Dreamed a Dream
- Cry Me a River
- How Great Thou Art
- You'll See
- Daydream Believer
- Up to The Mountain
- Amazing Grace
- Who I Was Born to Be
- Proud
- The End of the World
- Silent Night
- The Gift (2010)
- Perfect Day
- Hallelujah
- Do You Hear What I Hear?
- Don't Dream It's Over
- The First Noel
- Holy Night
- Away In A Manger
- Make Me A Channel Of...
- Auld Lang Syne
- O Come All Ye Faithful
- Someone to Watch Over Me (2011)
- Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012)
- Home for Christmas (2013)
- Hope (2014)
- A Wonderful World (2016)
- Ten (2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Susan Boyle beats Leona Lewis, Arctic Monkeys to 'biggest first week sales for UK debut album' title | News". NME. Reino Unido. 29 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2009. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Singer Boyle made £5m in first year of her fame". The Scotsman (Edimburgo). 23 de agosto de 2011. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- ↑ "Susan Boyle album is transatlantic No. 1". BBC News. 18 November 2010. Arquivado dende o orixinal o 4 December 2010. Consultado o 20 June 2018.. The others are the Beatles and Monkees.
- ↑ "'Someone To Watch Over Me' Will Be Released November 1". digtriad.com. 3 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Susan Boyle Announces Tracks for Upcoming Album Standing Ovation". Playbill. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ "Susan Boyle Announces Special Christmas Chorus Competition". Broadway World. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ "Susan Boyle announces new album 'Hope'". Pressparty. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ "Britain's Got Talent Final: Susan Boyle Returns To The Stage Where It All Began". Huffington Post. 13 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 15 de maio de 2012.
- ↑ "Celebrity Interview – Susan Boyle". Country Images Magazine (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2022.
- ↑ Munro, Alistair. "Susan Boyle's first live tour nears sell-out". The Scotsman. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013.
- ↑ "Susan Boyle 12 years on – incredible weight loss, home and hidden disability". 19 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Facebook oficial
- Twitter oficial
- Vídeo da audición de Susan BoyleArquivado 02 de agosto de 2012 en Wayback Machine.