Suspiria (filme de 2018)
Suspiria | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Suspiria |
Director | Luca Guadagnino |
Produtor |
|
Guión | David Kajganich |
Baseado en | Suspiria de Dario Argento e Daria Nicolodi |
Intérpretes |
|
Música | Thom Yorke |
Fotografía | Sayombhu Mukdeeprom |
Montaxe | Walter Fasano |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Venecia: 1 de setembro de 2018 22 de febreiro de 2023 (TVG) |
Duración | 152 minutos[1][2] |
Orixe | Estados Unidos Italia |
Xénero | Terror sobrenatural |
Orzamento | 20 millóns de dólares[3] |
Recadación | 7,9 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
https://www.suspiria.movie/ | |
|
Suspiria[4] é un filme italo-estadounidense de 2018 dirixido por Luca Guadagnino e cun guión de David Kajganich, inspirado polo filme homónimo de 1977 de Dario Argento. Está protagonizado por Dakota Johnson no papel dunha muller estadounidense que se matricula nunha prestixiosa academia de danza de Berlín dirixida por un aquelarre de bruxas. Tilda Swinton coprotagoniza tres papeis, como a coreógrafa principal da compañía, como un psicoterapeuta masculino implicado na academia e como a líder do aquelarre das bruxas. Mia Goth, Elena Fokina e Chloë Grace Moretz aparecen nos papeis secundarios como estudantes, mentres que Angela Winkler, Ingrid Caven, Sylvie Testud, Renée Soutendijk e Christine LeBoutte interpretan algúns membros da academia. Jessica Harper, que foi a protagonista no filme orixinal, fai un cameo no filme.
Estreouse en galego o 22 de febreiro de 2023 a través da TVG.[5][6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Dakota Johnson como Susanna "Susie" Bannion / Mother Suspiriorum
- Tilda Swinton como Madame Blanc / Mother Helena Markos / Dr. Josef Klemperer (acreditado como Lutz Ebersdorf)
- Mia Goth como Sara Simms
- Angela Winkler como Miss Tanner
- Ingrid Caven como Miss Vendegast
- Elena Fokina como Olga Ivanova
- Sylvie Testud como Miss Griffith
- Renée Soutendijk como Miss Huller
- Christine LeBoutte como Miss Balfour
- Małgosia Bela como Mrs. Bannion / Death
- Fabrizia Sacchi como Pavla
- Jessica Harper como Anke Meier
- Chloë Grace Moretz como Patricia "Pat" Hingle
- Jessica Batut como Miss Mandel
- Alek Wek como Miss Millius
- Vincenza Modica como Miss Marks
- Vanda Capriolo como Alberta
- Brigitte Cuvelier como Miss Kaplitt
- Gala Moody como Caroline
- Anne-Lise Brevers como Sonia
- Sara Sguotti como Doll
- Halla Thordardottir como Mascia
- Olivia Ancona como Marketa
- Clementine Houdart como Miss Boutaher
- Doris Hick como Frau Sesame
- Mikael Olsson como Axente Glockner
- Fred Kelemen como Axente Albrecht
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Suspiria". Festival Internacional de Cinema de Venecia de 2018. 13 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Suspiria". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Suspiria (2018)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2018.
- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "Suspiria en galego na TVG". Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ AntRubal (ed.). "Suspiria en galego na TVG". Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
- Filmes de 2018
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua alemá
- Filmes de Italia
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Luca Guadagnino
- Filmes rodados en Italia
- Filmes rodados en Berlín
- Filmes ambientados en 1977
- Filmes ambientados en Berlín
- Filmes sobre feiticería
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2018 con versión en galego