Suzanne Duchamp
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1889 ![]() Blainville-Crevon, Francia ![]() |
Morte | 11 de setembro de 1963 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Ruán ![]() |
Educación | École supérieure d'art et design Le Havre-Rouen ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintora ![]() |
Movemento | Dadaísmo ![]() |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pais | Justin-Isidore Eugène Duchamp ![]() ![]() |
Irmáns | Raymond Duchamp-Villon Jacques Villon Marcel Duchamp ![]() |
Suzanne Duchamp, nada o 20 de outubro de 1889 en Blainville-Crevon (Normandía) e finada o 11 de setembro de 1963 en Neuilly-sur-Seine, foi unha pintora dadaísta francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suzanne Duchamp foi a cuarta de seis fillos, dunha familia adiñeirada con temperamento artístico. O seu avó materno era o pintor Émile Frédéric Nicolle. Suzanne era irmá máis nova de:
- Jacques Duchamp, coñecido como Jacques Villon (1875-1963), pintor e gravador
- Raymond Duchamp, coñecido como Raymond Duchamp-Villon (1876-1918), escultor
- Marcel Duchamp (1887-1968), pintor, escultor, escritor e xadrecista
Con 16 anos entrou na Escola de Belas Artes de Rouen. As súas primeiras obras eran de inspiración impresionista e cubista. Casou en 1919, con 21 anos, co pintor Jean-Joseph Crotti, a quen influíu considerabelmente, mais logo divorciáronse. Trasladouse entón ao barrio parisiense de Montparnasse para estar máis preto do seu irmán Marcel e desenvolver a súa carreira artística.
Malia as dificultades que tiñan as mulleres pintoras para obteren pleno recoñecemento, a fama artística dos seus irmáns máis vellos permitiulle realizar a súa primeira grande exposición aos 22 anos no parisiense Salón dos Independentes. Máis adiante participou no Salon des Tuilleries, no Salón de Outono e na Unión de Mulleres Pintoras e Escultoras. Tamén fixo varias exposicións individuais na Galerie Paul Guillaume (1922), na Galerie René Zivy (1928) e na Galerie Le Portique (1929).[1]
Durante a Primeira guerra mundial traballou como enfermeira en París. A primeira das súas obras dadaístas, Multiplication brisée et rétablie (Multiplicación rota e restaurada) apareceu despois da guerra, rematada en 1919.
En 1967, o seu irmán Marcel axudouna a preparar unha exposición en Ruán titulada Les Duchamp: Jacques Villon, Raymond Duchamp-Villon, Marcel Duchamp, Suzanne Duchamp. Parte desta exposición familiar foi presentada no Museo Nacional de Arte Moderna do Centro Georges Pompidou de París.