Sven Lindberg
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1918 ![]() Estocolmo, Suecia ![]() |
Morte | 25 de decembro de 2006 ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Norte de Estocolmo, Kvarter: 16A4 Gravplats: 01314 (2007–) 59°21′34″N 18°01′22″L / 59.3594, 18.0228 ![]() |
Educación | Universidade de Estocolmo Lundsberg boarding school (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor ![]() |
Período de actividade | 1943 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Ulla Waller ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Vem är det 1955 (en) ![]() Vem är det 1957 (en) ![]() Q21586309 ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sven Lindberg, nado Sven Karlsson Lindberg o 20 de novembro de 1918 en Estocolmo e morto o 25 de decembro de 2006, foi un actor sueco. Estaba casado coa xornalista Marianne von Baumgarten-Lindberg.
Biografía
[editar | editar a fonte]Lindberg estudou historia da literatura na súa xuventude e actuou no teatro estudantil da Universidade de Estocolmo, en 1939 entrou na Dramatens elevskola, actuou por primeira vez no Teatro Real en 1940, globalmente participou en 73 obras de teatro, entre os seus moitos papeis están o de George en Vem är rädd för Virginia Woolf? ou o de Argan en Den inbillade sjuke.
A súa estrea no cinema foi en 1943 na película Elvira Madigan, normalmente interpretaba papeis de homes novos ben parecidos ata Damen i svart de Arne Mattsson en 1958. Outros filmes nos que Lindberg tivo papes preminentes foron Jungfrun på Jungfrusund, Kvartetten som sprängdes, När kärleken kom till byn e Picassos äventyr. Polo seu papel como Ragnar en Glädjekällan de Richard Hoberts en 1993 recibiu un premio Guldbaggen.
Sven Lindberg foi un actor popular, ademais foi cantante. Ademais do teatro, el tamén era un cantante, entre 1949 e 1955 publicou 30 discos, os máis populares foron Flickan i regnet, God natt Irene e Tennessee waltz.
Tamén foi un gran humorista e participou en numerosas comedias teatrais nos teatros privados, incluíndo Tehuset Augustimånen que se representou 500 veces no Teatro Intiman. Outros papeis cómicos representounos no Teatro Vasan, onde actuou en Charleys Tant en 1977 que se representou 247 veces.
Tamén actuou na televisión, foi a voz de Bertil Enstöring na serie Skrotnisse och hans vänner e actuou nas series Niklasons, Häpnadsväktarna e Rosenbaddarna.