Tabarnia
Tabarnia é un concepto satírico[1] inventado[2] en 2015 pola entidade Barcelona is not Catalonia —organización contraria á independencia de Cataluña- que propón a creación dunha autonomía que estaría conformada por unha parte das provincias de Barcelona e Tarragona.
Características
[editar | editar a fonte]A partir dos datos das eleccións catalás celebradas en decembro de 2017, nesta rexión ficticia o independentismo catalán superaría o 50 % dos votos en Moianès [77,29%], o Alt Penedès [61,98%], o Alt Camp [61,57%], o Bages [61,28%], a Selva [56,28%], o Maresme [53,78] e a Anoia [51,61%] e superaría en votos (sen acadar o 50% do total) fronte aos partidos unionistas no Baix Camp [48,2%], o Vallès Oriental [47,51%] e na cidade de Barcelona [45,78%]. Por outra banda, os partidos do bloque unionista superarían o 50 % de votos no Tarragonès [55,21%] (incluída Tarragona capital), o Baix Penedès [51,81%] e o Baix Llobregat [55,17%].[3]
A proposta para a creación dunha nova autonomía estaría baseada no artigo 143 da Constitución española de 1978.[4]
Redes sociais
[editar | editar a fonte]Aínda que o movemento non era novo, o día 27 de decembro de 2017 volveuse activar e converteuse en trending topic en Twitter grazas a unha recollida de sinaturas que comezou no sitio web Change.org, onde superou as 232 000.[5] O obxectivo dos promotores é a celebración dun referendo en 2019 para a creación da nova autonomía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tabarnia, región ficticia con ansias de secesión de la Cataluña independentista, en France 24, 26 de decembro de 2017 (en castelán).
- ↑ Tabarnia no existe, artigo en La Vanguardia o 7 de febreiro de 2018 (en castelán).
- ↑ Catalunya - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017 Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en catalán).
- ↑ "Sinopsis artículo 143 - Constitución Española". www.congreso.es (en castelán). Consultado o 2017-12-28.
- ↑ "Sign the Petition". Change.org (en castelán). Consultado o 2017-12-28.