Saltar ao contido

The Elder Scrolls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tamriel»)

Logo da franquía.
Estreas dos videoxogos
Os títulos principais en letra grosa
1994I: Arena
1995
1996II: Daggerfall
1997Battlespire
1998Adventures: Redguard
1999
2000
2001
2002III: Morrowind
III: Tribunal
2003III: Bloodmoon
Travels: Stormhold
2004Travels: Dawnstar
Travels: Shadowkey
2005
2006IV: Oblivion
Travels: Oblivion
IV: Knights of the Nine
2007IV: Shivering Isles
2008
2009
2010
2011V: Skyrim
2012V: Dawnguard
V: Hearthfire
V: Dragonborn
2013
2014Online
2015
2016V: Special Edition
2017Legends
V VR
Online Morrowind
2018Online Summerset
2019Online Elsweyr
2020Blades
Online Greymoor
2021Online Blackwood
V Anniversary
2022Online High Isle
2023Online Necrom
2024Online Gold Road
Castles
TBAVI

The Elder Scrolls é unha serie de videoxogos de rol e acción desenvolvidos por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. A serie céntrase en videoxogos non lineais nun mundo aberto. A maioría dos xogos da serie tiveron un éxito da crítica e comercial, sendo The Elder Scrolls III: Morrowind (2002), The Elder Scrolls IV: Oblivion (2006) e The Elder Scrolls V: Skyrim (2011) todos eles gañadores de premios como Xogo do Ano. A serie vendeu máis de 59 millóns de copias en todo o mundo.[a]

Dentro do universo ficticio da serie, cada xogo ten lugar no continente de Tamriel. O escenario combina elementos do mundo real premedievais, como un poderoso Imperio parecido ao Romano, con temas medievais de fantasía épica, incluíndo tecnoloxía limitada, uso xeneralizado da maxia e a existencia de moitas criaturas mitolóxicas. O continente está dividido en varias provincias habitadas por humanos e razas humanoides como elfos, orcos e animais antropomorfos. Un tema común nos xogos é que un heroe elixido (representado polo personaxe do xogador) érguese para derrotar unha ameaza inminente, normalmente un ser malévolo ou un exército antagónico.

Dende o lanzamento de The Elder Scrolls: Arena en 1994, a serie produciu un total de cinco xogos principais (dos cales os tres últimos tiveron dous ou tres packs de expansión cada un) así como varios spin-offs.[7] En 2014, lanzouse The Elder Scrolls Online, un xogo de rol en liña multixogador masivo creado pola filial ZeniMax afiliada a Bethesda, ZeniMax Online Studios.

  1. Vendas da serie The Elder Scrollss:

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gussin, Lawrence (novembro de 1996). "The consumer title publishing business". CD-ROM Professional. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024 – vía Gale Research. 
  2. Manveer "Eidolon" Heir (18 de xullo de 2000). "Interview with Pete Hines". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2000. Consultado o 17 de febreiro de 2023. 
  3. "Lynda Carter Joins the Voice Cast of The Elder Scrolls IV: Oblivion". Bethesda Softworks. 2005-08-17. Arquivado dende o orixinal o 2010-07-10. Consultado o 2006-11-26. 
  4. Kollar, Philip (10 de novembro de 2015). "Fallout 4 could be a bigger hit than Skyrim". Polygon. Vox Media. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  5. "'Skyrim' Creator Todd Howard Talks Switch, VR and Elder Scrolls Wait". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2017. 
  6. @. "More than 15 million people have bought ESO" (Chío) – vía Twitter. )
  7. The evolution of The Elder Scrolls. Arquivado 1 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. PC Gamer.