The Elder Scrolls
1994 | I: Arena |
---|---|
1995 | |
1996 | II: Daggerfall |
1997 | Battlespire |
1998 | Adventures: Redguard |
1999 | |
2000 | |
2001 | |
2002 | III: Morrowind |
III: Tribunal | |
2003 | III: Bloodmoon |
Travels: Stormhold | |
2004 | Travels: Dawnstar |
Travels: Shadowkey | |
2005 | |
2006 | IV: Oblivion |
Travels: Oblivion | |
IV: Knights of the Nine | |
2007 | IV: Shivering Isles |
2008 | |
2009 | |
2010 | |
2011 | V: Skyrim |
2012 | V: Dawnguard |
V: Hearthfire | |
V: Dragonborn | |
2013 | |
2014 | Online |
2015 | |
2016 | V: Special Edition |
2017 | Legends |
V VR | |
Online Morrowind | |
2018 | Online Summerset |
2019 | Online Elsweyr |
2020 | Blades |
Online Greymoor | |
2021 | Online Blackwood |
V Anniversary | |
2022 | Online High Isle |
2023 | Online Necrom |
2024 | Online Gold Road |
Castles | |
TBA | VI |
The Elder Scrolls é unha serie de videoxogos de rol e acción desenvolvidos por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. A serie céntrase en videoxogos non lineais nun mundo aberto. A maioría dos xogos da serie tiveron un éxito da crítica e comercial, sendo The Elder Scrolls III: Morrowind (2002), The Elder Scrolls IV: Oblivion (2006) e The Elder Scrolls V: Skyrim (2011) todos eles gañadores de premios como Xogo do Ano. A serie vendeu máis de 59 millóns de copias en todo o mundo.[a]
Dentro do universo ficticio da serie, cada xogo ten lugar no continente de Tamriel. O escenario combina elementos do mundo real premedievais, como un poderoso Imperio parecido ao Romano, con temas medievais de fantasía épica, incluíndo tecnoloxía limitada, uso xeneralizado da maxia e a existencia de moitas criaturas mitolóxicas. O continente está dividido en varias provincias habitadas por humanos e razas humanoides como elfos, orcos e animais antropomorfos. Un tema común nos xogos é que un heroe elixido (representado polo personaxe do xogador) érguese para derrotar unha ameaza inminente, normalmente un ser malévolo ou un exército antagónico.
Dende o lanzamento de The Elder Scrolls: Arena en 1994, a serie produciu un total de cinco xogos principais (dos cales os tres últimos tiveron dous ou tres packs de expansión cada un) así como varios spin-offs.[7] En 2014, lanzouse The Elder Scrolls Online, un xogo de rol en liña multixogador masivo creado pola filial ZeniMax afiliada a Bethesda, ZeniMax Online Studios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vendas da serie The Elder Scrollss:
- The Elder Scrolls: Arena - 120.000 unidades[1]
- The Elder Scrolls II: Daggerfall – 700.000 unidades[2]
- The Elder Scrolls III: Morrowind – 4 millóns de unidades[3]
- The Elder Scrolls IV: Oblivion – 9,5 millóns de unidades[4]
- The Elder Scrolls V: Skyrim – 30 millóns de unidades[5]
- The Elder Scrolls Online - 15 millóns de unidades[6]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gussin, Lawrence (novembro de 1996). "The consumer title publishing business". CD-ROM Professional. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024 – vía Gale Research.
- ↑ Manveer "Eidolon" Heir (18 de xullo de 2000). "Interview with Pete Hines". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2000. Consultado o 17 de febreiro de 2023.
- ↑ "Lynda Carter Joins the Voice Cast of The Elder Scrolls IV: Oblivion". Bethesda Softworks. 2005-08-17. Arquivado dende o orixinal o 2010-07-10. Consultado o 2006-11-26.
- ↑ Kollar, Philip (10 de novembro de 2015). "Fallout 4 could be a bigger hit than Skyrim". Polygon. Vox Media. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ "'Skyrim' Creator Todd Howard Talks Switch, VR and Elder Scrolls Wait". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2017.
- ↑ @. "More than 15 million people have bought ESO" (Chío) – vía Twitter.)
- ↑ The evolution of The Elder Scrolls. Arquivado 1 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. PC Gamer.