Tamsin Omond
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1984 (40 anos) |
Educación | Trinity College Westminster School Open University |
Actividade | |
Ocupación | escritor, activista climático, xornalista, activista medioambiental |
Partido político | Partido Verde Escocés |
Familia | |
Parentes | Sir John Victor Elliott Lees, 3rd Bt., bisavó Geraldine Mucha, avoa |
Tamsin Omond, nada o 19 de novembro de 1984, é unha autora, activista ambiental e xornalista británica. Fixo campaña para que o goberno do Reino Unido tome medidas para evitar o cambio climático provocado polo ser humano.[1] En 2009, Omond foi incluída na lista "Top 30 Power Players Under-30" do xornal The Sunday Times.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de completar a súa educación secundaria na Westminster School, Omond graduouse no Trinity College en Cambridge, e obtivo tamén un máster en Ecoloxía e Xustiza social en The Open University. Omond é a neta de Sir Thomas Les, un barón inglés.[3][4]
En 2009, Omond publicou o libro Rush!: The Making of a Climate Activist.[5] Escribiu ademais artigos sobre cristianismo, cambio climático e dereitos humanos que foron publicados en Church Times, The Ecologist, The Guardian, Evening Standard e The Mail on Sunday.[6]
Omond orixinalmente fixo campaña como membro do grupo activista Plane Stupid, aínda que xa non é parte dese grupo.[7] É tamén fundadora do grupo activista Climate Rush.[8] Organizaron unha serie de protestas de alto nivel, incluída a escalada ao teito da Cámara dos Comúns para protestar contra a aviación, polo que foron arrestados e rescatados co compromiso de non volver acceder ao Parlamento. En outubro de 2008, incumpriron esta condición ao organizar unha carreira de 500 persoas contra o Parlamento do Reino Unido.[3] Isto provocou que se lles volvese a deter e foran ameazados con penas de prisión por incumprimento da liberdade baixo fianza. En lugar diso, foron rescatados cun aumento das condicións da fianza para prohibirlles achegarse a menos dun quilómetro do Parlamento.[9] Tamén organizou protestas contra a ampliación do aeroporto de Londres-Heathrow, e máis tarde uniuse ao Partido Verde de Inglaterra e Gales.[10][11]
Omond explica que todas estas accións están inspiradas nas sufraxistas, que usaran a acción directa para conseguir que as mulleres puidesen votar no Reino Unido a principios do século XX. De feito, chegouse a vestir como unha sufraxista para participar nunha protesta sobre o uso dos coches dirixida contra o automobilista e xornalista especializado en automobilismo Jeremy Clarkson.[12] Por todo iso, realizouse unha película independente sobre a conexión de Omond coas técnicas de campaña do movemento do sufraxio feminino.
Política
[editar | editar a fonte]Omond presentouse como candidata ás eleccións xerais do Reino Unido en 2010 na recentemente creada circunscrición de Hampstead e Kilburn. Creou un novo partido independente, The Commons, e propúxose involucrar aos mozos nas eleccións e promover a sostibilidade a nivel local.[13] Tamén foi eloxiada polo xornalista Giles Coren.[14] Conseguiron 123 votos (0.2% do total de votos emitidos).[15]
En 2015, volveu presentarse ás eleccións xerais de 2015 no distrito electoral de East Ham polo Partido Verde de Inglaterra e Gales[16] e quedou en cuarto lugar, por diante do candidato demócrata liberal, logrando o 2.5% dos votos.[17]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2009, Omond entrou no "Top 30 Power Players Under-30" elaborado polo periódico The Sunday Times.[18] Ese mesmo ano, tamén foi incluída no posto 56 da "Pink List" do Independent on Sunday's, unha lista dos 101 homes e mulleres homosexuais máis influentes de Gran Bretaña.[19]
Obra
[editar | editar a fonte]- 2009 – Rush!: The Making of a Climate Activist. Marion Boyars Publishers Ltd. ISBN 978-0714531465.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bramley, Ellie Violet (26 de xullo de 2019). "Extinction Rebellion: 'Fashion week should be a declaration of emergency'" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ Warrington, Ruby (8 de novembro de 2009). "The top 30 power players under 30". The Sunday Times (en inglés). ISSN 0956-1382. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 https://www.telegraph.co.uk/news/3197706/Cambridge-graduate-banned-from-Palace-of-Westminster.html The Telegraph, 14 de outubro de 2008, Cambridge graduate banned from Palace of Westminster
- ↑ Tamsin Omond: Eco starlet Arquivado 14 de agosto de 2011 en Wayback Machine. The Sunday Times, 14 de decembro de 2008
- ↑ Unwin, Henry (6 de outubro de 2009). "Rush! The Making of a Climate Activist". Ecologist. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
- ↑ "Tamsin Omond". journalisted.com. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ "Climate activists get frosty with the glam face of Plane Stupid". The Evening Standard. Consultado o 14 de decembro de 2009.
- ↑ "Jerome Taylor The Independent, 15 de outubro de 2008 'Green suffragette' is freed despite breach of bail conditions". Londres: Independent.co.uk. 15 de outubro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ Taylor, Jerome (15 de outubro de 2008). "'Green suffragette' is freed despite breach of bail conditions – Home News, UK". Londres: The Independent. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ "'People loved the idea of a posh girl falling on her face': Tamsin" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2018.
- ↑ carotomes, Author (22 de marzo de 2015). "Meet the candidates: Tamsin Omond" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Vidal, John (17 de setembro de 2009). "Jeremy Clarkson targeted in manure dump protest by climate campaigners". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Eoghan (5 de maio de 2010). "Eoghan O'Neill: Living in a marginal (3): Hampstead & Kilburn – the final showdown". Eoghan.org.uk. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ Coren, Giles (3 de abril de 2010). "Vote for someone you can trust Yourself". Londres. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2010. Consultado o 06 de maio de 2021.
- ↑ "Hampstead and Kilburn – Camden elections 2010". .camden.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ carotomes, Author (22 de marzo de 2015). "Meet the candidates: Tamsin Omond" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ "East Ham parliamentary constituency - Election 2019" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Warrington, Ruby (8 de novembro de 2009). "The top 30 power players under 30". Londres. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 06 de maio de 2021.
- ↑ "56 Tamsin Omond eco activist One of the protestors who last year scaled Parli". Londres: Independent.co.uk. 28 de xuño de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010.