Tara Basro
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1990 ![]() Iacarta, Indonesia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, modelo ![]() |
Período de actividade | 2005 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Adnan ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Andi Mutiara Pertiwi Basro, máis coñecida como Tara Basro e nada en Iacarta o 11 de xuño de 1990, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión indonesia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tara comezou a súa carreira na industria do entretemento ao participar no concurso de modelos para adolescentes Gadis Sampul en 2005[1]. Posteriormente, mudouse para coa súa familia a Australia e alí continuou os seus estudos[2] graduándose en TAFE NSW[3].
Ao volver a Indonesia participou en varias probas de selección de actores para filmes sen lograr ningún papel relevante[2] ata 2011 ao acudir a unhas probas para un musical de teatro e coñecer o director de repartición do filme Catatan (Harian) Si Boy[4] e pola súa interpretación nesa película foi candidata ao premio á mellor actriz novel nos Indonesian Movie Awards[3]. En 2012 protagonizou o segmento "Pasar Setan" na película de terror antolóxica Hi5teria [5] e nese ano participou tamén na rodaxe de Rumah dan Musim Hujan, aínda que a súa estrea foi 2018 so o título Hoax[6]. En 2013 interpretou a moza materialista de Pandji Pragiwaksono no filme Make Money[7].
En 2014 actuou en catro filmes, a súa primeira aparición foi na películas de artes marciais (estilo silat) Pendekar Tongkat Emas[8], logo tivo un pequeno papel no filme de acción indonesio-nipón Killers. Protagonizou, como bióloga mariña, o drama romántico The Right One[9] e finalizou o ano co filme familiar antolóxico Princess, Bajak Laut & Alien[10]-
En 2015 deu vida á protagonista de Another Trip to the Moon, un filme surrealista do director Ismail Basbeth que participou no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam [11].
Outro dos filmes que protagonizou en 2015, A Copy of My Mind dirixido por Joko Anwar, exhibiuse no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no de Venecia[12][13] e pola súa actuación gañou o premio Citra á mellor actriz[14]. En 2015 participou en dúas series de televisión, Halfworlds de HBO e The East de NET.
Tras o éxito de A Copy of My Mind Tara deu vida en 2016 a Kusuma Wardhani en 3 Srikandi con Reza Rahadian nun filme que narra a historia do equipo indonesio de arco nos Xogos Olímpicos de 1988[15]. Tamén protagonizou a película musical Ini Kisah Tiga Dara, un remake do filme de Usmar Ismail Tiga Dara (1957)[16]. Nese ano presentou The Amazing Race Asia 5 con Allan Wu[17].
En 2017 protagonizou outro filme de Joko Anwar, Pengabdi Setan, unha precuela do filme homónimo dirixido en 1980 por Sisworo Gautama Putra[18], o filme foi todo un éxito de público en Indonesia, con 4 200 000 espectadores, foi o filme nacional con maior recadación de 2017[19][20]. Na obra de teatro, Perempuan-Perempuan Chairil, foi Sumirat, unha das compañeiras do poeta Chairil Anwar[21]
En 2018 intrepretou a Kanti, unha exitosa banqueira na serie Halustik da plataforma Viu[22] e en 2019 participou en dous filmes de Anwar, Perempuan Tanah Jahanam e Gundala[23][24].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tara Basro, Berawal dari Gadis Sampul". tabloidbintang.com. 23 de novembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "Tara Basro: A rising star". The Jakarta Post. 22 de novembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Tara Basro Tak Pernah Mimpi Jadi Bintang". Kompas. 24 de novembro de 2015.
- ↑ "'Catatan Harian Si Boy' Jadi Film Perdana Tara Basro". 20Detik. 22 de stembro de 2017.
- ↑ "Mimpi Buruk yang Mencekam di Film 'Hi5teria'". Viva.co.id. 30 de marzo de 2012.
- ↑ "Setelah 5 Tahun, Film Tora Sudiro - Tara Basro Rilis Dengan Judul Baru". Kapanlagi. 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Tara Basro si 'Cewek Matre' di Film 'Make Money'". Detikhot. 13 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ "Aksi Tara Basro si Gerhana Cantik di 'Pendekar Tongkat Emas'". Bintang. 1 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Tara Basro Tak Masalah Ciuman di "The Right One"". Okezone. 25 de febreiro de2014.
- ↑ "'Princess Bajak Laut & Alien', Film Omnibus Pertama untuk Anak-anak". Detik. 6 de xaneiro de 2014.
- ↑ "'Another Trip to the Moon' ('Menuju rembulan'): Rotterdam Review". The Hollywood Reporter. 4 de febreiro de 2015.
- ↑ Punter, Jennie (18 de agoto de 2015). "Sandra Bullock’s ‘Our Brand Is Crisis,’ Robert Redford’s ‘Truth’ to Premiere at Toronto". Variety.
- ↑ "Venice Fest Reveals Robust Lineup Featuring Hollywood Stars and International Auteurs". Variety. 29 de xullo de 2015.
- ↑ "Dapat Piala Citra Pertama, Ini Kata Tara Basro". Liputan 6. 24 de novembro de 2015.
- ↑ Andi Muttya Keteng Pangerang (22 de xuño de 2016). "Bintangi "3 Srikandi", Tara Basro Belajar Logat Makassar dari Ibu". Kompas.
- ↑ "Tara Basro: Tangis Darah untuk "Ini Kisah Tiga Dara"". Kompas. 19 de agosto de 2016.
- ↑ "Tara Basro jadi pembawa acara The Amazing Race Asia". Antara. 28 de xullo de 2016.
- ↑ Valentina, Jessicha (11 de outubro de 2017). "Joko Anwar spills the beans on ‘Pengabdi Setan’". The Jakarta Post.
- ↑ Setiawan, Tri Susanto (29 de setembro de 2017). "Rilis Sehari, "Pengabdi Setan" Raih 91.070 Penonton". Kompas.
- ↑ Setuningsih, Novianti (24 de decembro de 2017). "Wah, 7 Film Ini Paling Laris Sepanjang 2017". Jawa Pos. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ Bastian, Abdul Qowi (11 de novembro de 201). "'Perempuan-Perempuan Chairil': Pergulatan batin sang penyair". Rappler.
- ↑ Ramadhan, Lendy; Febrianto, Samuel (14 de setembro de 2018). "Tara Basro Jadi Karyawati yang Dipecat Saat Karirnya di Puncak". Tribunnews.
- ↑ "Joko Anwar’s ‘Perempuan Tanah Jahanam’ set for September release". The Jakarta Post. 2 de marzo de 2019.
- ↑ Setiawan, Tri Susanto (29 de abril de 2019). "Tara Basro Tidak Kikuk Bertemu Abimana Aryasatya lewat Gundala". Kompas.