Taranis (grupo)
Taranis | |
---|---|
Orixe | Lugo, Galiza |
Período | 1979–1990; 2019- |
Xénero(s) | Folk, rock progresivo, jazz rock |
Selo(s) discográfico(s) | Ruada, Edigal, Sons Galiza |
Membros | Cándido Díaz, Begoña López, Pedro Vila, Manuel Pajón, Leandro Fernández, Enrique López, Rodrigo Moreno |
Na rede | |
Taranis é un grupo galego que desenvolveu a súa actividade entre 1979 e 1990, regresando en 2019. Categorizado como un grupo de folk, Taranis tivo a característica de ser un proxecto pioneiro na fusión de estilos, ligando a música de raíz con outros xéneros como o funk, o jazz ou o rock e mesturando, por primeira vez na Galiza, a gaita con instrumentos contemporáneos como a guitarra eléctrica.
Características
[editar | editar a fonte]A pesar de que o peso do proxecto tendía cara á música instrumental, iso non impediu que o grupo fixese tamén varios temas cantados. O resultado final da maior parte dos seus traballos segue unha tendencia moi próxima ao rock progresivo, aínda que en certos temas poidan aproximarse a xéneros como o jazz rock.
As melodías do primeiro disco, Ith-Gael (Ruada, 1980), foron empregadas frecuentemente como cabeceira de distintos programas de televisión e radio, polo que a popularidade do grupo foi aumentando. Cando sae o segundo disco, Taranis (Edigal, 1985), o grupo era unha das formacións folk que máis concertos daba ao ano, visitando tamén diversos países europeos.
Outros traballos foron o Sinfonía do Cebreiro (Sons Galiza, 1990). No ano 2002 o xornal La Voz de Galicia editou un recompilatorio (considerado como o seu cuarto álbum) en CD para a súa colección Son de Galicia.
O seu último traballo 'Mundo Idiota' é o seu quinto álbum. Contén catorce cancións en galego[1].
Discografía
[editar | editar a fonte]- Ith-Gael (1980)
- Taranis (1985)
- Sinfonía do Cebreiro (1990)
- Recompilación. Disco recompilatorio editado para a colección Son de Galicia do xornal La Voz de Galicia (2002)
- Mundo Idiota (2019) (2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Taranis, nuevo disco y nuevas historias". La Voz de Galicia. 27 de setembro de 2019.