Tatsuya Nakadai
(2009) | |
Nome orixinal | (ja) 仲代達矢 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 仲代元久 13 de decembro de 1932 (92 anos) Toquio, Xapón |
Altura | 178 cm |
Peso | 75 kg |
Actividade | |
Ocupación | actor, seiyū, cantante |
Período de actividade | 1954 - |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Teichiku Entertainment, Inc. (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Yasuko Miyazaki |
Premios | |
| |
|
Tatsuya Nakadai (仲代 達矢), nado como Motohisa Nakadai en Toquio o 13 de decembro de 1932, é un actor xaponés coñecido pola ampla variedade de personaxes que interpretou e as súas moitas colaboracións con célebres directores de cinema xaponeses.[1] Apareceu en once filmes dirixidos por Masaki Kobayashi e en cinco de Akira Kurosawa, ademais de filmes de Hiroshi Teshigahara, Mikio Naruse, Kihachi Okamoto, Hideo Gosha, Shirō Toyoda e Kon Ichikawa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nakadai naceu nunha familia moi pobre e non puido permitirse unha educación universitaria, dando pé a que pasase á actuación. Admiraba os filmes estadounidenses e era fan de actores como John Wayne e Marlon Brando. Tamén gustaba dos musicais de Broadway, e viaxaba unha vez ao ano en Nova York para velos. Nakadai traballaba como dependente en Toquio antes de coñecer casualmente o director Masaki Kobayashi que o contratou para o filme Kabe atsuki heya. O ano seguinte fixo unha breve aparición sen acreditar en Os sete samurais, de Akira Kurosawa, onde se ve uns segundos como un samurai que camiña pola aldea.[2] O papel de Nakadai neste filme foi tecnicamente o seu debut, xa que o filme de Kobayashi se atrasou tres anos debido a un tema controvertido. O seu papel revelación como actor chegou cando interpretou a Jo, un yakuza, en Kuroi kawa, tamén de Kobayashi. Nakadai continuou a traballar con este director na década de 1960, gañando o seu primeiro Blue Ribbon por Seppuku (o seu filme favorito) como o rōnin que vai envellecendo Hanshiro Tsugumo.
Nakadai apareceu noutros dous filmes de Kurosawa na década de 1980. En Kagemusha Nakadai interpreta tanto o ladrón do título convertido en dobre de corpo como o famoso daimyō Takeda Shingen por quen o ladrón se ten que facer pasar. Este papel duplo valeulle o seu segundo Blue Ribbon ao mellor actor. En Ran Nakadai interpretou outro daimyō, Hidetora Ichimonji (baseado no rei Lear, de Shakespeare, e inspirado no daimyō histórico Mōri Motonari).
Deu clases e preparou a actores novos como Kōji Yakusho, Mayumi Wakamura, Tōru Masuoka, Azusa Watanabe e Kenichi Takitō entre outros.[3]
En 2015, recibiu a Orde da Cultura.[4][5]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tatsuya Nakadai". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ Stephens, Chuck. "The Eighth Samurai: Tatsuya Nakadai". Current. Consultado o 2013-10-10.
- ↑ "無名塾公演「おれたちは天使じゃない」 @ウェスタ川越 大ホール". ARK. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ "Two Nobel scientists to receive Order of Culture award". The Japan Times. 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ Lifetime Achievemente Honor
- ↑ Galbraith IV, Stuart (16 de maio de 2008). The Toho Studios Story: A History and Complete Filmography. Scarecrow Press. p. 227. ISBN 978-1-4616-7374-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Eighth Samurai: Tatsuya Nakadai en Wayback Machine (archived 13 de decembro de 2007) por Chuck Stephens
- Criterion
- Toho
- AMCArquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine.