Tekla Hultin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1864 Jaakkima, Rusia |
Morte | 31 de marzo de 1943 (78 anos) Helsinqui, Finlandia |
Deputado no Parlamento de Finlandia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Helsinki |
Actividade | |
Lugar de traballo | Helsinqui |
Ocupación | política, deputado no Parlamento de Finlandia, xornalista, atuária (pt) |
Partido político | Partido Jovem Finlandês (pt) Partido da Coligação Nacional (pt) |
Membro de |
Thekla (Tekla) Johanna Virginia Hultin, nada en Jaakkima (Rusia) o 18 de abril de 1864 e finada en Helsinqui o 31 de marzo de 1943, foi unha política e xornalista finesa, a primeira muller en obter un doutoramento no seu país. Foi deputada do Partido Fennoman Constitucional na Dieta de Finlandia, xornalista e militante feminista.[1] Ata a independencia de Finlandia, mostrouse contraria ás políticas de rusificación promovidas polas autoridades rusas e en contra da influencia sueca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Tekla Hultin foi unha das cinco fillas nadas do matrimonio formado por Julius Hultin e Katarina Sivander.[2] Tekla estudou en escolas privadas para nenas, primeiro en Sortavala entre 1874 e 1878, e despois en Hamina entre 1878 e 1881. Entre 1883 e 1885 estudou na Escola Finlandesa de Helsinqui (en finés: Helsingin suomalainen jatko-opisto)[2] En 1886 ingresou na Universidade Imperial Alexandre, hoxe coñecida como Universidade de Helsinqui, onde obtivo a súa licenciatura en filosofía en 1891, o máster de filosofía en 1894 e defendeu o seu doutoramento en filosofía o 11 de decembro de 1896, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento no Gran Ducado de Finlandia.[3]
Os seus primeiros traballos estiveron relacionados co mundo do periodismo e coa ensinanza. Mentres cursaba os seus estudos universitarios, Tekla traballou como redactora do xornal Helsingin Sanomat. Tamén traballou como mestra en Hämeenlinna nunha escola para nenas.[4]
Actividade política
[editar | editar a fonte]Entre 1901 e 1904 foi a secretaria do comité central da comisión industrial de finlandesa.[4].
En 1907 foi unha das candidatas do Partido Fennoman Constitucional ao Parlamento de Finlandia, aínda que non saíu escollida. A súa entrada no parlamento finlandés tivo tras as eleccións xerais de 1908, cando Tekla foi elixida deputada polo distrito occidental da provincia de Vyborg.
Entre 1924 e 1930 foi membro do Concello de Helsinqui.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Venla Sainio (22 de maio de 2000). Suomalaisen Kirjallisuuden Seura , ed. "Hultin, Tekla" (en finés).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sainio 2000.
- ↑ Sainio 2004.
- ↑ 4,0 4,1 Eduskunta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tekla Hultin |
A Galipedia ten un portal sobre: Finlandia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sainio (2000). Suomalaisen Kirjallisuuden Seura, ed. Hultin, Tekla (1864—1943) (en finés). Helsinqui. ISSN 1799-4349.
- Sainio (2004). Текла Хултин (1864—1943). Сто замечательных финнов (en ruso).
- Eduskunta (ed.). "Tekla Hultin" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 2018-02-12. Consultado o 12.02.2018.