Tallerina
Tallerina | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Macomangulus tenuis (da Costa, 1778) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Macomangulus bourguignati Locard, 1886 |
A tallerina ou tellina (Angulus tenuis, da Costa 1778; antes Tellina tenuis) é un molusco bivalvo da familia Tellínidos (Tellinidae), da orde Veneroida.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Trátase dun molusco de pequeno tamaño, que non supera os 2 cm de eixo maior, marcadamente aplanado, coa cuncha fráxil e inequivalva (a valva dereita é algo maior que a esquerda). O perfil é oval, cos extremos apuntados. Marxe interior dentada.
A superficie é lisa, con liñas concéntricas moi finas. A cor é moi variable: branca, rosada, amarela, ás veces uniformes pero normalmente con bandas concéntricas máis escuras. Moi raramente, a cor varía dunha valva á outra. O periostraco é transparente. O interior é da mesma cor que a superficie externa, aínda que en tons máis pálidos.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribúese pola costa europea do Atlántico, desde Noruega a Marrocos, incluíndo o Mediterráneo.
Vive sobre fondos de area na franxa infralitoral ata profundidades de poucos metros. Pode enterrarse ata os 13 cm de profundidade.
Ser, é comestible pero non ten valor comercial.
Ríos Panisse atopou os seguintes sinónimos nos distintos portos da costa galega: cadelucha, chirla, chisga, margarita e tellina real.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tallerina |