Templo de Afrodita Urania
Aparencia
Templo de Afrodita Urania | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Tipo | altar, xacemento arqueolóxico e templo ![]() |
Localización | Ágora de Atenas ![]() |
Coordenadas | 37°58′34″N 23°43′18″L / 37.976111, 23.721667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O templo de Afrodita Urania (en grego antigo Βωμός Αφροδίτης Ουρανίας) foi descuberto en 1981 na parte noroeste da ágora de Atenas, ao outro lado da Vía das Panateneas[1].
As escavacións permitiron datar o edificio nunha época próxima ao -500. Identificouse un altar pola forma do monumento e polas cinzas atopadas dos sacrificios. Pausanias di que no templo había unha estatua de Afrodita de mármore de Paros, feita por Fidias[2].
Preto do Cerámico está o santuario de Afrodita Urania. Os primeiros homes que estableceron o seu culto foron os asirios, e despois os habitantes de Pafos, en Chipre, e os fenicios, que viven en Ascalón, e os de Citera, que a veneran por telo aprendido dos fenicios. En Atenas estableceuno Exeo, porque non tiña fillos, (daquela aínda non os tiña), e cría que ás súas irmás lles chegara a desgraza a consecuencia da ira de Afrodita Urania.Pausanias. Descrición de Grecia, I, 14,7
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Map of the Agora of Athens". Plato and his dialogues.
- ↑ Pausanias. Descrición de Grecia, I, 14, 7