Teresa Egerique
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (48/49 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, política |
Familia | |
Pai | Pablo Egerique |
Teresa Egerique Mosquera, nada en Vigo en 1976, é unha xornalista e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Pablo Egerique Martínez. É doutora en Ciencias da Información e máster en Imaxe e Consultaría Política. Foi xefe de prensa no Porto de Vigo e profesora asociada na Universidade de Vigo. É concelleira en Vigo polo PPdeG dende 2011. Pertenceu á executiva do PPdeG dende 2013. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 era a candidata número tres pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. Foi voceira do grupo parlamentario popular nas áreas de Cultura e de Portos e posteriormente de Pesca. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 ía no posto 14 da candidatura do PPdeG por Pontevedra e resultou elixida deputada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa Egerique |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Teresa Egerique: «En política me metió Corina, no mi padre»". La Voz de Galicia. 15 de xullo de 2019.