Terra (1927)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Terra (homónimos).
Terra | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Terra foi unha revista publicada en Santiago de Compostela en 1927.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu o 1 de marzo de 1927. Dirixida por Jaime Vilas Cagiao. De vida moi curta, o segundo e último número apareceu o día 15 do mesmo mes. Entre os colaboradores figuraban Ramón Otero Pedrayo, Herminia Fariña, Armando Cotarelo Valledor, Jesús Bal y Gay, Maside, Fermín Bouza-Brey, Santiago Montero Díaz, Lois Tobío Fernández, Rafael Dieste, Santiago Ramón y Cajal, Manuel Fuentes Jorge.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.