Tesouro da Apadana
Tesouro da Apadana | |
Tipo | Moedas aqueménidas e gregas |
Data | -515 |
Cultura | Imperio Aqueménida |
Características | |
Materiais | Prata e ouro |
Descuberta | |
Localización | Apadana de Persépole, Irán 29°56′6″N 52°53′24″L / 29.93500, -52.89000 |
Descubridor/a | Erich Schmidt |
Data | 1933 |
O tesouro da Apadana é un conxunto de moedas que se descubriu baixo as caixas de pedra que contiñan as táboas fundacionais do palacio de Apadana, en Persépole, a capital do Imperio Aqueménica, no actual Irán.[1]
As moedas foron descubertas en escavacións realizadas en 1933 por Erich Schmidt, en dous depósitos, cada un deles localizado baixo senllas caixas. O depósito deste tesouro, que aparentemente formaba parte do ritual de fundación do palacio da Apadana, está datado cara a 515 a.C.[1]
As táboas fundacionais
[editar | editar a fonte]As táboas de ouro e prata recuperadas das caixas de pedra contiñan unha inscrición trilingüe de Darío I (522-486 a.C.) en persa antigo, elamita e acadio, que describe o seu imperio en termos xeográficos:[1]
“ | Darío o gran rei, rei de reis, rei de países, fillo de Histaspes, aqueménida. O rei Darío di: este é o reino que posúo, desde os sacas que están alén de Sogdiana ata Kush, e desde Sind ata Lidia. Isto é o que Ahura Mazda, o maior dos deuses, dispuxo para min. Que Ahura Mazda me protexa a min e a miña real casa!
—Inscrición de Darío I.[2] |
” |
O tesouro da Apadana
[editar | editar a fonte]As moedas achadas no tesouro da Apadana son:
- Depósito nordeste: catro creseidas lixeiras de ouro —da ceca de Sardes—, un tetradracma de Abdera, e un estatero de Exina.[1]
- Depósito sueste: catro creseidas lixeiras de ouro (da ceca de Sardes), tres siclos dobres de Chipre —un atribuído a á ceca de Lapetos, outro á de Paphos e outro a unha ceca incerta—.[1]
As creseidas atopáronse en moi bo estado de conservación, o que confirma que foran cuñadas recentemente baixo o dominio aqueménida. O depósito non contiña ningún exemplar de dáricos nin de siclos, o que tamén suxire claramente que estas moedas típicas da cuñaxe aqueménida só comezaron a cuñarse máis tarde, despois de 515 a.C.[3]
-
Estatero de prata chipriota de ceca incerta, achada no tesouro. Século V a.C.[8]
Simbolismo
[editar | editar a fonte]Segundo o numismático Martin Price, as moedas do tesouro da Apadana non deberon ser seleccionadas polo lugar que representaban, senón máis ben polo significado simbólico da súa tipoloxía. O león que ataca o touro na creseida licia tiña un simbolismo obvio para os aqueménidas; o grifón do didracma de Abdera puido ser utilizado como gardián simbólico do ouro, e a tartaruga da moeda de Exina puido ser elixida como símbolo do poder marítimo.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Zournatzi, A. (2003).
- ↑ "DPh, four tablets from Persepolis". Livius.org.
- ↑ Fisher, W. B. et al. (1968). Páxina 617.
- ↑ "Kings of Lydia. Time of Cyrus to Darios I. Circa 545-520 BC. AV Stater". Classical Numismatic Group (CNGcoins.org).
- ↑ "Islands of Attica, Aegina. Circa 550-530/25 BC. AR Stater". Classical Numismatic Group (CNGcoins.org).
- ↑ "Thrace, Abdera. Circa 540/35-520/15 BC. AR Didrachm". Classical Numismatic Group (CNGcoins.org).
- ↑ "Cyprus, Lapethos. Late 6th-early 5th century BC. AR Stater – Double Siglos". Classical Numismatic Group (CNGcoins.org).
- ↑ "Cyprus, Uncertain. Late 6th-early 5th centuries BC. AR Stater". Classical Numismatic Group (CNGcoins.org).
- ↑ Root, M. C. (1989). Páxina 50.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tesouro da Apadana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fisher, W. B. et al. (1968). The Cambridge History of Iran. Cambridge University Press. ISBN 9780521200912
- Root, M. C. (1989). "The Persian archer at Persepolis: aspects of chronology, style and symbolism". En Revue des Études Anciennes. 91-1-2. Páxinas 33- 50.
- Zournatzi, A. (2003). "The Apadana Coin Hoards, Darius I, and the West". En American Journal of Numismatics. 15. American Numismatic Society. Páxinas 1-28.