Tesouro da Avenida da Constitución
Tesouro da Avenida da Constitución | |
Conxunto de moedas hispano-musulmás do tesouro | |
Tipo | 1 543 moedas |
Data | 929 - 1036 |
Cultura | Al-Andalus |
Características | |
Materiais | Ouro e prata |
Descuberta | |
Localización | Avenida da Constitución, ![]() |
Data | 2009 |
Conservación | |
Localización | Museo de Historia de Valencia |
O tesouro da Avenida da Constitución é un conxunto de moedas de época islámica formado por 1.543 exemplares, dos cales 19 son de ouro –dinares– e o resto de prata –dirhams–. As moedas datan do período taifa –século XI– e foron descubertas en 2009 no marco dunha intervención arqueolóxica preventiva realizada na Avenida da Constitución, da capital valenciana.[1][2]
O tesouro pasou a formar parte da exposición permanente do Museo de Historia de Valencia.[1][2][3]
Achado e composición
[editar | editar a fonte]Logo da descuberta, o Instituto Valenciano de Conservación e Restauración (Ivacor) mantivo o tesouro custodiado e en espera de restauración no depósito arqueolóxico municipal de Valencia no barrio de Vara de Quart, durante máis de dous anos. A principios de 2012, o Instituto Valenciano de Conservación e Restauración, dirixido por Carmen Pérez, ex directora xeral de Patrimonio, asumiu a restauración.[3][4]
Cando se produciu a descuberta eran os técnicos do Servizo Municipal de Arqueoloxía (SIAM) os que debían encargarse de levar a cabo a limpeza e a separación das moedas, xa que estas apareceron amalgamadas dentro dunha vasilla de cerámica. Levouse a cabo unha primeira limpeza con ultrasóns, e logo as moedas sometéronse a baños controlados en solucións químicas para disolver o óxido; e finalmente, as pezas separáronse mecanicamente a punta de bisturí con axuda dunha lupa binocular. Durante este proceso descubriuse que as moedas de ouro se achaban envoltas nun pano de tecido, separadas do resto.[4]
A zona onde se achou o tesouro debía ser un descampado, probablemente un horto contiguo ao arrabalde de l'Alcúdia, no momento en que se ocultou. O tesouro foi exposto, xunto con outras 149 pezas procedentes de 68 museos de toda España, no Museo Arqueolóxico Nacional (MAN) entre o 10 de outubro de 2017 e o 1 de abril de 2018, no marco da exposición temporal “O poder do pasado: 150 anos de arqueoloxía en España”, organizada por Acción Cultural Española e o Museo Arqueolóxico Nacional, en conmemoración do 150 aniversario desta institución.[1]
As moedas máis antigas deste tesouro datan da época do califa omeia Abd al-Rahman III (929-961), e as máis modernas datan do califa fatimí Ali az-Zahir (1021-1036).[2] Este conxunto de moedas pon de manifesto os nexos e as relacións marítimas mediterráneas da Valencia musulmá do século XI (Madinat Balansiya).[3][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "El "Tesoro de la Avenida Constitución" de Valencia, viaja al MAN". Museu d'História de València (mhv.valencia.es).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "El Museu d’Història de Valencia presenta un tesoro compuesto por más de 1.500 monedas árabes". En Valencia Noticias. 2 de noviembre de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "El conjunto de 1.543 monedas de plata y oro de la avenida Constitución se exhibe desde ayer en el Museo de Historia de Valencia, tras una meticulosa limpieza a punta de bisturí". ArqueologíaMedieval.com. 7 de vovembro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "El Museo de Historia presenta el tesoro de Constitución hallado hace tres años". En Levante. 1 de novembro de 2012.
- ↑ "El tesoro islámico de la avenida Constitución vuelve a brillar". En Levante. 5 de agosto de 2012.