Tesouro de Shapwick
Tesouro de Shapwick | |
Tipo | 9.262 denarios |
Data | século III |
Cultura | Roma Antiga |
Características | |
Materiais | Prata |
Descuberta | |
Localización | Shapwick, Somerset, Reino Unido 51°09′6.12″N 02°49′25.68″O / 51.1517000, -2.8238000 |
Descubridor/a | Kevin e Martin Elliott |
Data | 14 de setembro de 1998 |
Conservación | |
Localización | Museum of Somerset, Tauton |
O tesouro de Shapwick é un conxunto de 9.262 moedas romanas de prata (denarios) dos séculos I a. C. a III d. C., achado en Shapwick, Somerset, Inglaterra, en setembro de 1998.
O tesouro contiña dúas moedas raras que non se descubriran antes en Gran Bretaña, así como a maior cantidade de denarios xamais atopada nas illas británicas.[1]
O achado
[editar | editar a fonte]O tesouro de Shapwick foi atopado o 14 de setembro de 1998 polos curmáns Kevin e Martin Elliott, afeccionados á procura coa axuda dun detector de metais, nunha leira de Shapwick.[1][2]
O primeiro achado produciuse no extremo norte do campo. Logo seguiuse un suco de arado cara ao sur e obtivéronse pequenas cantidades de moedas ata que apareceu un grupo dunhas 70 pezas, e ao cabo de media hora descubriuse o corpo principal do achado, nun lugar moi próximo. Aínda que algunhas moedas foran claramente esparexidas polos labores agrícolas, arredor de 9.000 seguían agrupadas e, dada a súa colocación, suponse que foran depositadas en rolos envoltos por algún material orgánico que se descompuxo integramente.[2]
A escavación posterior do lugar revelou que o tesouro fora soterrado "na esquina dun cuarto dun edificio romano ata daquela descoñecido". Despois de novas escavacións e prospeccións xeofísicas, sóubose que "o cuarto formaba parte dunha vila con patio".[1][3]
Logo da pertinente investigación en Taunton, o achado foi declarado formalmente "tesouro" consonte a Lei do Tesouro de 1996,[1][4] e valorouse en 265.000 libras.[5] O Servizo Museístico do Condado de Somerset adquiriu o tesouro, coa axuda do Consello do Condado de Somerset, do National Heritage Memorial Fund e doutras entidades, e pasou a exhibirse no Museo de Somerset, nos terreos do castelo de Taunton.[6]
No Informe Anual do Tesouro de 2000 presentouse un apéndice da descuberta no que se engadiron outras 23 moedas, valoradas en 690 libras, tamén achadas por Kevin e Martin Elliott.[5][7]
Composición
[editar | editar a fonte]Entre as 9.212 moedas que compoñen o tesouro cómpre salientar 260 exemplares correspondentes ao período de Marco Antonio (31-30 a. C.), e no conxunto hai unha gran cantidade de denarios. Máis da metade dos exemplares do depósito foron cuñadas baixo o reinado de Septimio Severo (193-211 d. C.).[1][9][5]
Tamén destacan dous exemplares non descubertos ata daquela en Gran Bretaña, que reproducen a imaxe de Manlia Escantila, a esposa de Didio Xuliano, un emperador que foi asasinado catro semanas despois de que se acuñasen as moedas.[1][5]
Ademais dos denarios romanos había outras catro moedas, tamén de prata: tres dracmas licios e un dracma de Cesarea de Capadocia.[5][9]
A moeda máis recente do conxunto foi cuñada en 224 d. C., Calcúlase que o seu valor no momento do depósito equivalía aproximadamente ao soldo de dez anos dun lexionario romano.[10]
A táboa seguinte reflicte a distribución das moedas romanas do tesouro de Shapwick por emperadores:[5][9]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Hellier, C. (2000). "Roman Coin Cache Discovered". En Archaeology. Vol. 53. Nº 2. Archaeological Institute of America. Marzo/abril.
- ↑ 2,0 2,1 Abdy, R. et al. (2001). "The discovery of a Roman villa at Shapwick and its Severan coin hoard of 9238 silver denarii". En Journal of Roman Archaeology. 14. Páxinas 358-372.
- ↑ "Excavation (1999), Roman villa, N of Shapwick". Somerset Historic Environment Record. Somerset County Council.
- ↑ Reavill, P. (2011). "Inquest into largest coin hoard from Shropshire". Portable Antiquities Scheme. 25 de outubro.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Treasure Annual Report 1998-1999. Department for Culture, Media and Sport. 2000. Nº 294. Páxinas 115-117.
- ↑ "Shapwick Hoard". ArtFund.org
- ↑ Treasure Annual Report 2000. Department for Culture, Media and Sport. 2001. Nº 251. Páxina 116.
- ↑ "Unique ID: IOW-B77693". Portable Antiquities Schema.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Comparison of Roman coin finds reported in the Treasure Annual Reports"1997-2001". Forumancientcoins.com
- ↑ Rees, E. (2003). Celtic Sites and Their Saints: A Guidebook. Bloomsbury. Páxina 171. ISBN 9781441113443
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tesouro de Shapwick |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794