Tetarté
Aparencia

O tetarté (en grego: τεταρτη; de τεταρτος -tetartos-, "un cuarto") era unha moeda da Antiga Grecia, de ouro ou de prata, que tiña o valor da cuarta parte dun estatero de ouro ou dun estatero de prata, e un peso de arredor de dous gramos.[1][2]
De maneira diferente ao trité, que gozou dunha ampla circulación, o tetarté foi un valor cuñado só en contadas ocasións.[3]
O peso varía segundo o padrón monetario correspondente. A modo de exemplo, con esta denominación emitiuse en Licia unha moeda no ano 365 a. de C., cun peso de ca. 2,5 gramos, que amosa no seu anverso a cabeza dun león e no seu reverso unha tríscele.
O tetaré como divisor do estatero
[editar | editar a fonte]Esta é a relación de valor entre o tetarté e o resto dos divisores do estatero:[4][5]
- Hemiestatero: medio estatero.
- Trité: un terzo.
- Tetarté: un cuarto.
- Hecté: un sexto.
- Hemitetarté: un oitavo.
- Hemihecté: un doceavo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alfaro Asins et al. (2009). "Tetarté".
- ↑ Vico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.
- ↑ "Tetarté". En Frey (1917). Páxina 239.
- ↑ Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".
- ↑ Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tetarté |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Frey, A. R. A Dictionary of Numismatic Names. Nova York, 1917.
- Vico Belmonte, A. Monedas Griegas. Real Academia de la Historia. Madrid, 2006. ISBN 84-95983-71-0
- Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos, J. M. "El sistema monetario griego y sus derivaciones a otros sistemas de la Antigüedad mediterránea". En Documenta & Instrumenta 14 (2016). 199-222.