Tetronarce
Tetronarce | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tetronarce nobiliana | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Tetronarce é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, un dos dous que integran a familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,[1] estrugas,[2] ortigas,[3] ou raias eléctricas,[4]
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atordar as súas presas e para defensa.[5]
As especies deste xénero son lentos habitantes dos fondos mariños que, como os seus parentes do xénero Torpedo, poden xerar electricidade como mecanismo de defensa contra os depredadores e para a captura das súas presas. Normalmente alcanzan un tamaño moito maior (até 180 cm) que as especies de Torpedo, que teñen xeralmente un tamaño de pequeno a moderado (entre os 25 e os 80 cm).[6]
A situación taxonómica do xénero Tetronarce é controvertida. Mentres que para a maioría dos autores a familia dos torpedínidos comprende dous xéneros, algúns pensan que as especies deste xénero están integradas en Torpedo. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Torpedo).
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]As principais características das especies do xénero Tetronarce son as seguintes:[7]
- Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel.
- A boca e as branquias están situadas na cara inferior do animal.
- Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
- As femias son ovovivíparas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill,[8]
Taxonomía controvertida
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS, a familia dos torpedínidos comprende un só xénero, Torpedo, pero a maioría dos autores (WoRMS, FishBase, NCBI e UICN) admiten, ademais, o xénero Tetronarce.[7][8][9][10]
Clasificación
[editar | editar a fonte]O xénero comprende as seguintes nove especies:[7][8]
- Tetronarce californica Ayres, 1855
- Tetronarce cowleyi Ebert, D. L. Haas & M. R. de Carvalho, 2015 [11]
- Tetronarce fairchildi F. W. Hutton, 1872
- Tetronarce formosa D. L. Haas & Ebert, 2006
- Tetronarce macneilli Whitley, 1932
- Tetronarce nobiliana Bonaparte, 1835
- Tetronarce puelcha Lahille, 1926
- Tetronarce tokionis S. Tanaka (I), 1908
- Tetronarce tremens de Buen, 1959
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
- ↑ Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
- ↑ Carvalho, M. R. de. (2015): "Torpedinidae". En: Heemstra, P. C., Heemstra, E. & Ebert, D. A. eds., Coastal Fishes of the Western Indian Ocean. Vol. 1. Grahamstown, South Africa: South African Institute for Aquatic Biodiversity.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Froese, R. & D. Pauly, eds. (2016): FishBase.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS.
- ↑ Torpedinidae no NCBI.
- ↑ Especies da familia dos torpedínidos na Lista vermella da UICN.
- ↑ Ebert, D. A., Haas, D. L. & de Carvalho, M. R. (2015): "Tetronarce cowleyi, sp. nov., a new species of electric ray from southern Africa (Chondrichthyes: Torpediniformes: Torpedinidae)". Zootaxa, 3936 (2): 237–250.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tetronarce |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tetronarce |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Froese, R. & D. Pauly, eds. (2016): FishBase. (Ver en liña en http://www.fishbase.org).
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS.
- Familia Torpedinidae en FishBase.
- Tetronarce no NCBI.