The Adventures of Rad Gravity
Aparencia
The Adventures of Rad Gravity | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Interplay Productions |
Distribuidora(s) | Activision |
Deseñador(es) | Brian Fargo Michael Quarles |
Artista(s) | Bruce Schlickbernd |
Compositor(es) | David Warhol |
Lanzamento | decembro de 1990 |
Xénero | Plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Nintendo Entertainment System |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Adventures of Rad Gravity é un videoxogo de plataformas do xénero de acción e aventuras, desenvolvido por Interplay para Nintendo Entertainment System e publicado por Activision en 1990. Rad Gravity é o nome do heroe do xogo.
A historia ambiéntase nun futuro afastado, no que os humanos colonizaron outros planetas e estabeleceron unha forma de biotecnoloxía, uns seres chamados Compuminds, que se poden comunicar axiña entre diferentes planetas. O malvado do xogo desactivou tódolos Compuminds e agochounos. Eventualmente, un dos Compuminds, chamado Kakos, é descuberto. Xuntos, Rad e Kakos deben atopar os oito Compuminds desaparecidos.