The American Analog Set
The American Analog Set | |
---|---|
Orixe | Austin, Texas, |
Período | 1995 - presente |
Xénero(s) | indie rock, slowcore, post-rock, Krautrock |
Selo(s) discográfico(s) | Emperor Jones, Tiger Style, Arts & Crafts |
Membros | Andrew Kenny Lee Gillespie Mark Smith Craig McCaffrey Sean Ripple |
Antigos membros | Lisa Roschmann Tom Hoff |
Na rede | |
amanset.com | |
The American Analog Set (ás veces referida como AmAnSet) foi unha banda de indie rock estadounidense porcedente de Austin, Texas formada no ano 1995. Ata a data leva editados seis álbums de estudio.
Historia
[editar | editar a fonte]Formada en 1995, o primeiro son da banda estaba moi influenciado polo krautrock, o post-rock e por bandas británicas de shoegaze como Cocteau Twins, e adoitaba a ter longas pasaxes instrumentais. Co paso do tempo os seus temas foron acurtándose e pasaron a ter unha sonoridade máis pop.
O grupo está liderado polo vocalista, compositor e compositor Andrew Kenny. Outros membros que están ou pasaron pola banda son Lee Gillespie, Mark Smith, Craig McCaffrey, Tom Hoff, Lisa Roschmann e Sean Ripple. Lisa Roschmann, unha das fundadoras, deixou o grupo a finais de 1999; Hoff e Ripple uníronse a principios do ano 2000 e McCaffery substituíu a Hoff no 2003.
En outubro do 2005 falouse a través de Internet da posibilidade da disolución de The American Analog Set. A banda rapidamente respondeu a eses rumores, pero engadiron que non realizarían concertos debido ás súas obrigas con outros proxectos.[1]
O seu derradeiro álbum, Set Free (2005), foi editado en América do Norte polo selo canadense Arts & Crafts.
O tema "Gone to Earth" do seu álbum Know by Heart apareceu na banda sonora da película romántica de 2009 The Time Traveler's Wife.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Fun of Watching Fireworks | 1996 | Emperor Jones |
From Our Living Room to Yours | 1997 | Emperor Jones |
The Golden Band | 1999 | Emperor Jones |
Know by Heart | 2001 | Tiger Style |
Promise of Love | 2003 | Tiger Style |
Set Free | 2005 | Arts & Crafts |
For Forever | 2023 | Hometown Fantasy |
EPs
[editar | editar a fonte]- Late One Sunday & The Following Morning (1997, Darla Records)
- Updates (2002, Tiger Style) (remesturas)
- Songs Of Hurt And Healing (2005, Tylenol/Ouch!)) (compartido con White Magic; 3 temas cada banda)
- Everything Ends In Spring (2005)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Actual Situation: Andrew Kenny on AmAnSet". web.archive.org. 2006-01-10. Archived from the original on 10 de xaneiro de 2006. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "The Time Traveler's Wife (2009) - IMDb". Consultado o 2020-01-12.