Saltar ao contido

The Cooper Temple Clause

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Cooper Temple Clause
OrixeWokingham, Berkshire, Inglaterra Inglaterra
Período1998 - 2007
Xénero(s)rock alternativo, post-hardcore, new prog, space rock, rock electrónico
Selo(s) discográfico(s)Sanctuary Records
MembrosTom Bellamy
Daniel Fisher
Ben Gautrey
Jon Harper
Kieran Mahon
Didz Hammond
Na rede
http://www.coopertempleclause.co.uk/
Facebook: TypeTwoError MySpace: thecoopertempleclause Youtube: UCF4tDqgrj1WdTijurvvn6uA Musicbrainz: 6af63208-4a2b-494f-a560-622a0c10d647 Songkick: 535881 Discogs: 138071 Allmusic: mn0000070188 Editar o valor en Wikidata

The Cooper Temple Clause foi unha banda inglesa de rock alternativo formada en Wokingham, Berkshire en 1998. O grupo publicou tres álbums antes de anunciar a súa separación o 24 de abril de 2007, tras a marcha de Daniel Fisher.[Cómpre referencia]

Tras asinar un contrato discográfico con RCA no ano 2000 e sacar varios sinxelos e EPs, o seu álbum debut, See This Through and Leave, foi lanzado en 2002 con gran éxito da crítica. A súa continuación, Kick Up the Fire, and Let the Flames Break Loose de 2003, conseguiyu que a banda fose recoñecida internacionalmente grazas aos sinxelos "Promises, Promises" e "Blind Pilots". The Cooper Temple Clause deixou RCA en 2006, asinando con Sanctuary Records para o lanzamento do seu terceiro álbum, Make This Your Own.

A banda chamouse así pola cláusula Cowper-Temple.[1] A cláusula foi inserida na Lei de Educación Elemental de 1870 (33 e 34 Vict. c. 75), converténdose na Sección 14 da Lei, e foi un compromiso sobre a natureza da educación relixiosa nas escolas primarias estatais creadas en Inglaterra e Gales pola Lei.

Durante moitas das súas primeiras entrevistas, a banda inventou varias historias relacionadas coa orixe do seu nome. Un exemplo diso pódese ver nunha entrevista en vídeo de Supersweet TV.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
See This Through and Leave 2002 Morning Records
Kick Up the Fire, and Let the Flames Break Loose 2003 Morning Records, RCA Records
Make This Your Own 2007 Sequel Records
  1. "Pilgrims gather at the Temple". This is London. 2008-02-01. Consultado o 2025-01-11. 
  2. "SUPERSWEET : ASK THE COOPER TEMPLE CLAUSE". www.supersweet.org. Consultado o 2025-01-11. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.