The Fall on Deaf Ears
The Fall on Deaf Ears | |
---|---|
Orixe | El Paso, Texas, |
Período | 1996 |
Xénero(s) | post-hardcore |
Membros | Cedric Bixler-Zavala Clint Newsom Sarah Reiser Laura Beard |
Artistas relacionados | The Mars Volta, At the Drive-In, Rope, Rhythm of Black Lines, The Hades Kick |
Na rede | |
The Fall on Deaf Ears foi unha banda estadounidense procedente de El Paso, Texas que destacou por contar na súa formación con Cedric Bixler-Zavala, membro de At the Drive-In e The Mars Volta, na batería, e Clint Newsom, de Rhythm of Black Lines e The Hades Kick, na guitarra.[1] The Fall on Deaf Ears fixo un post-hardcore semellante ao de grupos como The Nation of Ulysses e Circus Lupus, e tocou en directo con bandas como Propagandhi, Egon e Select Your Fighter. A banda só gravou un feixe de cancións antes de que a baixista Laura Beard e a guitarrista Sarah Reiser morresen nun accidente de coche en 1997[2] cando só tiñan 17 anos. Cedric Bixler-Zavala compuxo posteriormente a canción "Napoleon Solo" cando estaba en At The Drive-in, falando da traxedia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Deiterman, Corey (2012-01-31). "Noise For The Ages: Top Post-Hardcore Guitarists Through the Years". Houston Press. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ "The Fall on Deaf Ears". Ink 19 (en inglés). 2002-08-22. Consultado o 2020-10-26.