The Graces
The Graces | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Período | 1987 - 1992 |
Xénero(s) | pop rock |
Selo(s) discográfico(s) | A&M Records |
Membros | Charlotte Caffey Chrissy Shefts Gia Ciambotti Meredith Brooks |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
The Graces foi unha banda de pop rock estadounidense de finais dos anos 80 e principios dos 90 composta por Charlotte Caffey (ex-guitarrista de The Go-Go's), Meredith Brooks e Gia Ciambotti. Formada no ano 1987, publicou o seu álbum de estrea, Perfect View, a través do selo A&M Records en 1989. O seu primeiro sinxelo, Lay Down Your Arms, chegou ao número 56 da lista Billboard Hot 100, pero o álbum e os seguintes sinxelos fracasaron. En 1991 foron expulsadas do selo discográfico e Brooks deixou a banda para iniciar unha carreira en solitario. Brooks foi substituída por Chrissy Shefts e o grupo continuou dando concertos. Cando estaba a piques de conseguir outro contrato discográfico a Ciambotti ofrecéronlle para xirar como corista coa banda de Bruce Springsteen, polo que o grupo acabou por separarse en 1992 sen gravar un segundo álbum.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Perfect View | 1989 | A&M Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Graces | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-27.