The Locust
Aparencia
The Locust | |
---|---|
Orixe | San Diego (California), |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | noise rock, powerviolence, grindcore, mathcore |
Selo(s) discográfico(s) | Three One G |
Membros | Justin Pearson Gabe Serbian Bobby Bray Joey Karam |
Antigos membros | Dylan Scharf Dave Warshaw Jimmy LaValle Dave Astor |
Artistas relacionados | Struggle, Swing Kids, Cattle Decapitation, The Crimson Curse, Tarantula Hawk, Holy Molar, Head Wound City, Skinwalker, Retox, Planet B, Dead Cross |
Na rede | |
http://www.thelocust.com/ | |
The Locust é unha banda estadounidense procedente de San Diego (California) coñecida pola mestura única da velocidade e agresividade do grindcore, a complexidade do mathcore e as rarezas do new wave.
A banda formárona en 1994 Justin Pearson, Bobby Bray, Dylan Scharf, Dave Warshaw e Dave Astor. Despois de varios cambios na formación, no ano 2001 chegaron ao cuarteto que conforman na actualidade.
Orixinalmente foi unha banda de powerviolence cunha forte tendencia cara ás pasaxes baseadas en sintetizadores, pero foron cambiando o seu antigo son, mantendo as fortes distorsións, os sintetizadores, as voces berradas e unha intensa presenza no escenario.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Locust | 1998 | Gold Standard Laboratories |
Plague Soundscapes | 2003 | ANTI- |
New Erections | 2007 | ANTI- |
EPs
[editar | editar a fonte]- The Locust (1997)
- Flight of the Wounded Locust (2001)
- Well I'll Be a Monkey's Uncle (2002)
- Follow the Flock, Step in Shit (2003)
- Safety Second, Body Last (2005)