The Odessa File
The Odessa File | |
---|---|
Título orixinal | The Odessa File |
Autor/a | Frederick Forsyth |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | thriller novel |
Editorial | Hutchinson |
Data de pub. | 1972 |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Odessa File é unha novela de intriga escrita por Frederick Forsyth, publicada en 1972, sobre unha loita entre un reporteiro alemán e ODESSA, unha organización secreta para nazis.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia comeza o 22 de novembro de 1963, o día no que John F. Kennedy foi asasinado. Un reporteiro de 29 anos alemán mira unha ambulancia nunha estrada. Persegue á ambulancia e descobre que leva a un ancián xudeu, sobrevivente do holocausto, que se acababa de suicidar. O reporteiro obtén o diario do home, que contén información sobre a súa vida nos campos de concentración da segunda guerra mundial, e os nomes dos membros das SS que controlaron os campos. Propúxose cazar un nazi mencionado no diario, non só para ter tema para unha portada sensacionalista, senón tamén por unha razón persoal máis seria: seu pai, un capitán sumamente condecorado da Wehrmacht, fora executado a tiros por un oficial das SS durante un altercado de guerra.
Simon Wiesenthal, investigador histórico da vida de criminais nazis de guerra, ten unha breve aparición como personaxe na novela.