Frederick Forsyth
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Frederick Forsyth, nado en Ashford en 1938, é un escritor británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Tonbridge School e na Universidade de Granada. En 1956 converteuse no piloto máis novo que nunca tivera a Royal Air Force. Logo de deixar a carreira militar en 1958 traballou como xornalista para pequenos xornais ata que en 1961 entrou en Reuters, foi correspondente en Francia, Bélxica, España, Alemaña Oriental, Alemaña Occidental e Checoslovaquia. En 1965 comeza a traballar para a BBC. Entre xullo e setembro de 1967 cubriu a Guerra de Biafra entre Biafra e Nixeria.
En 1968 deixou a BBC debido ás acusacións que as súas crónicas durante a Guerra de Biafra tomaran partido pola causa de Biafra e de falsificar informacións, e volveu a Biafra para cubrir a guerra pola súa conta.
En 1969 escribiu un libro sobre a Guerra de Biafra, The Biafra Story. Forsyth decidiu escribir unha novela coas mesmas técnicas de investigación que utilizaba no xornalismo, The Day of the Jackal, que se publicou en 1970 e que se converteu nun éxito de vendas internacional. Ao igual que o resto das novelas que publicou nos anos seguintes.
Obras
[editar | editar a fonte]- The Biafra Story (1969).
- The Day of the Jackal (1971).
- The Odessa File (1972).
- The Dogs of War (1974).
- The Shepherd (1975).
- The Devil's Alternative (1979).
- No Comebacks (relatos, 1983).
- Emeka (1982).
- The Fourth Protocol (1984).
- The Negotiator (1989).
- The Deceiver (1991).
- Great Flying Stories (1991, ed).
- The Fist of God (1994).
- Icon (1996).
- The Phantom of Manhattan (1999).
- The Veteran (relatos, 2001).
- Avenger (2003).
- The Afghan (2006).
- The Cobra (2010).
- The Kill List (2013)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederick Forsyth |