The Olivia Tremor Control
The Olivia Tremor Control | |
---|---|
Orixe | Athens, Xeorxia, |
Período | 1993 - 2000 2005 2009 - presente |
Xénero(s) | indie rock, neopsicodelia, pop psicodélico, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Flydaddy, Cloud |
Membros | Eric Harris John Fernandes Peter Erchick Derek Almstead |
Antigos membros | Will Cullen Hart Bill Doss Jeff Mangum |
Artistas relacionados | Neutral Milk Hotel, Cranberry Lifecycle |
Na rede | |
oliviatremorcontrol.com | |
The Olivia Tremor Control foi unha banda estadounidense de psicodelia procedente de Athens, Xeorxia que publicou dous álbums de estudio, un disco extra, unha colección de sinxelos e un álbum ao vivo entre 1996 e 2000. Os seus principais membros foron Will Cullen Hart, Bill Doss, Eric Harris, John Fernandes e Peter Erchick. Combinaron indie rock e neopsicodelia, tomando influencia de bandas de pop psicodélico da década de 1960, como os Beach Boys e os Beatles.
The Olivia Tremor Control orixinouse como unha banda chamada Cranberry Lifecycle, formada en Ruston, Louisiana a finais dos 80 por Hart e o seu amigo do instituto Jeff Mangum. Os dous mudáronse a Athens, e reelaboraron cancións de Cranberry Lifecycle como unha nova banda chamada Synthetic Flying Machine. Despos de que se unise Doss, Mangum deixou o grupo para traballar nun proxecto en solitario que posteriormente se convertería en Neutral Milk Hotel. Doss e Hart rebautizaron á banda The Olivia Tremor Control e recrutaron a Fernandes, Harris, e Erchick. Con esta formación, The Olivia Tremor Control publicou dous álbums: Dusk at Cubist Castle (1996) e Black Foliage (1999). Ambos álbums recibiron críticas positivas.
Tras o lanzamento de Black Foliage, s tensións creceron entre Hart e Doss, e a banda separouse no ano 2000. Hart foi hospitalizado con esclerose múltiple en 2005, e cando Doss foi visitalo, os dous reconciliáronse e reuniron a banda en 2009. A metade das sesións de gravación dun terceiro álbum, Doss morreu dun aneurisma en 2012.[1] Hart morreu en 2024.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Music from the Unrealized Film Script: Dusk at Cubist Castle | 1996 | Flydaddy |
Explanation II: Instrumental Themes and Dream Sequences | 1998 | Flydaddy |
Black Foliage: Animation Music Volume One | 1999 | Flydaddy, Cloud Recordings |
Singles and Beyond | 2000 | Emperor Norton |
John Peel Session | 2000 | Chunklet Magazine |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Battan, Carrie (2012-07-31). "Bill Doss of Olivia Tremor Control Has Died". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-21.
- ↑ "Will Cullen Hart, Elephant 6 & Olivia Tremor Control Co-Founder, Dead At 53". Stereogum (en inglés). 2024-11-29. Consultado o 2024-12-21.