The Prince and the Pauper (filme de 1990)
The Prince and the Pauper | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Prince and the Pauper |
Director | George Scribner |
Produtor | Dan Rounds |
Guión | Gerrit Graham Sam Graham Chris Hubbell |
Baseado en | The Prince and the Pauper de Mark Twain |
Intérpretes | Wayne Allwine Bill Farmer Arthur Burghardt Charlie Adler Tony Anselmo |
Música | Nicholas Pike |
Estudio | Walt Disney Pictures Walt Disney Feature Animation |
Distribuidora | Buena Vista Pictures Distribution |
Estrea | 16 de novembro de 1990(xunto con The Rescuers Down Under) |
Duración | 25 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Na rede | |
http://movies.disney.com/disney-animation-collection-volume-3-the-prince-and-the-paupe | |
![]() ![]() ![]() |
The Prince and the Pauper é un filme animado estadounidense de 1990 producido por Walt Disney Animation Studios e dirixido por George Scribner. Conta coa voz de Wayne Allwine no papel de Mickey Mouse, e baséase na novela homónima de Mark Twain publicada en 1881. Foi o derradeiro filme de Disney en usar o proceso de animación tradición,[1] antes de comezar co proceso dixital.[2] Algúns obxectos, como o carro, foron creados en ordenador antes de seren impresos en papel e de seren animados con células de Xerox.[3]
O filme estreouse o 16 de novembro de 1990, sendo a primeira curtametraxe producida por Disney para acompañar a estrea dunha longametraxe do estudio, sendo esta curta a acompañante do filme The Rescuers Down Under, unha secuela do filme de 1977 The Rescuers.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Wayne Allwine como Mickey Mouse e o príncipe
- Arthur Burghardt como Capitán Pete
- Tony Anselmo como Donald Duck
- Bill Farmer como Goofy, Pluto, Horace Horsecollar e donicela #1
- Elvia Allman como Clarabelle Cow
- Charlie Adler como donicela #2, Pig Driver, Peasant e home na rúa
- Frank Welker como o rei e o arcebispo
- Trevor Eyster como neno #1
- Rocky Krakoff como neno #2
- Roy Dotrice como o narrador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ George Scribner (27 de abril de 2009). Director George Scribner: Happy as a King with Prince and the Pauper!. Entrevista con Jérémie Noyer. Animated Views. Consultado o 7 de decembro de 2015.
- ↑ Hahn, Don (2009). Waking Sleeping Beauty (Documentary film). Burbank, California: Stone Circle Pictures/Walt Disney Studios Motion Pictures.
- ↑ Tina Price | Facebook
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Prince and the Pauper na IMDb (en inglés).