Saltar ao contido

The Rapants

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Rapants
The Rapants en 2021.
OrixeMuros,
Período2018 - actualidade
Xénero(s)garage punk Indie Indie disco
MembrosXanma (voz principal, guitarra)
Samuel (voz principal, guitarra)
Matías (baixo, sintetizadores, voces)
Xaquín (batería, voces)
Na rede
http://www.therapants.es/
Facebook: TheRapants Twitter: the_rapants Instagram: the_rapants Editar o valor en Wikidata

The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores[1].

Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica. As súas letras, para as cales empregan o galego e o castelán indistintamente, transmiten temáticas banais relacionadas con amores e desamores, a xuventude e a festa. En canto a estética, mesturan elementos alusivos ao rock and roll do último século, con detalles máis comúns na cultura urbana actual e a contracultura surfeira[2]. Dende o lanzamento do seu homónimo EP debut The Rapants en 2018, publicaron os traballos Que Fluya (2018), Andas por El (2019), Cariña de Raposo (2019), A Festa do Meu Enterro (2021), La Mítica (2021), así como o EP Nic Bahía (2021), gravado e producido por Hevi.

No ano 2023, lanzaron o seu primeiro LP fóra da municipal Sala Nasmo, O Corasón Como un After (2023), producido polo coruñés Iago Blanco nos Drum & Roll Studios. Neste traballo, The Rapants contaron coas colaboracións de diversas artistas do panorama galego como María Galdón, Grande Amore, Galician Army ou Miguel Cernadas de Terbutalina.[3]

  • Xanma – voz principal, guitarra
  • Samuel – voz principal, guitarra
  • Matías – baixo, sintetizadores, voces
  • Xaquín – batería, voces

Traballos de estudio

[editar | editar a fonte]
  1. "The Rapants". www.therapants.es. Consultado o 2022-05-19. 
  2. Clara Rial (16 de decembro de 2021). "The Rapants: "Hai unha pluralidade de bandas e de estilos musicais na Galiza que é necesario coidar"". Nós Diario. Consultado o 2022-05-19. 
  3. "Los gallegos The Rapants estrenan "O corasón como un after", un álbum que nace de una arritmia". Quincemil (en castelán). Consultado o 2023-01-30.