Novedades Carminha
Aparencia
Novedades Carminha | |
---|---|
Concerto na sala Karma de Pontevedra en novembro de 2007. | |
Orixe | Madrid e Santiago de Compostela, España |
Período | 2007 - 2022 |
Xénero(s) | Punk Garage rock |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa, Bowery Records, Lixo Urbano, Ernie Records |
Membros | Adrián Díaz Bóveda Jarri Carlos Pereiro Carlangas Xavi G. Pereiro Anxo Rodríguez Ferreira |
Na rede | |
Novedades Carminha é un grupo galego de punk e garage rock fundado en Madrid no 2007. Está composto por Jarri (baixo e voces), Carlangas (guitarras e voces) e Xavi (batería e voces).
Contan con colaboracións con Los Iribarnes, Ataque Escampe ou O Leo i Arremecághona!!!, chegando a gravar algún tema con estes dous últimos. Participaron no disco colectivo Galician Bizarre.
En setembro de 2016 estrean o primeiro videoclip pornográfico de España para o seu tema Ritmo en la sangre, protagonizado polos actores Sylvan e Amarna Miller.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Grandes éxitos (2008, casete maqueta; autoedición)
- Te vas con cualquiera (2009; Lixo Urbano / Rumble Records)
- Te vas con cualquiera (2009, LP de vinilo de 12 polgadas; Bowery Records
- Sinceramente Carminha (2010, EP de vinilo de 7 polgadas; Bowery Records
- Jódete y baila (2011; Lixo Urbano)
- Juventud infinita (2014; Ernie Records)
- Campeones del mundo (2016; Ernie Records)
- Ultraligero (2019; Ernie Records)