Los Iribarnes
Aparencia
Los Iribarnes | |
---|---|
Orixe | Galiza |
Xénero(s) | post-punk, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa Plataforma |
Membros | Rafa Anido (baixo) Cris (batería) Seve (guitarra) |
Na rede | |
MySpace do grupo | |
Los Iribarnes foi unha banda galega de post-punk, con influencias do punk rock. O grupo só editou o EP Planeta Iribarne, ademais de colaborar en varios recompilatorios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2006 editaron con A Regueifa Plataforma o seu primeiro álbum, Planeta Iribarne, con seis temas.[1] En 2007 foron seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo. Ademais participaron no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, facendo unha versión do tema "Maruxiña".[2] Tamén achegaron os temas "Fóra de descontrol" ao recompilatorio Escolma. Escoita e apoia,[3] "Cabeza de estado" ao El Planeta Amarillo #9 Saturno,[4] e "Plan XIII" e "A-55" ao Matado por la muerte.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Planeta Iribarne - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-11-06.
- ↑ "Various - Manifesto Dobarrista: Un Disco Tributo A Andrés Do Barro" (en castelán). 2007. Consultado o 2023-11-06.
- ↑ "Various - Escolma. Escoita E Apoia" (en castelán). 2007. Consultado o 2023-11-06.
- ↑ "Various - El Planeta Amarillo #9 Saturno" (en castelán). 2007. Consultado o 2023-11-06.
- ↑ "Various - Matado Por La Muerte" (en castelán). 2008. Consultado o 2023-11-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MySpace do grupo
- Planeta Iribarne, disco dispoñible en A Regueifa.